miércoles, 24 de diciembre de 2008

O ALCALDE AGOCHASE ANTE OS PROBLEMAS DOS VECIÑOS E NON CONVOCA O PLENO DE DECEMBRO.

A Lei obriga a celebrar un pleno ordinario cada mes




·E unha decisión totalmente criticable nun momento en que temos un gran número de asuntos importantes para debatir: Plan sectorial de Vivenda, Revisión catastral, Fondo de Inversión Local.

·Refuxiado nas festas do Nadal e presionado polo BNG para non rectificar, opta por fuxir e non permite que se debatan os verdadeiros problemas de Carballo.

·Lonxe de atender os veciños, decide suspender o pleno para non ter que enfrentarse as suas decisións e dar tempo para que remate o plazo de alegacións o Plan.

·O goberno mellor pagado da historia de Carballo e o que menos traballa, en plena crise económica non celebran o pleno obligatorio e nin siquer aprobaron os orzamentos do Concello, cando teñen a maioria suficiente.

·O Alcalde debe explicar porqué está todolos días en actos de propaganda e lucimento, ( Pista de Xeo, Teatro, Pinchos, etc.) e non ten tempo para que os carballeses exerciten o seu dereito democrático de debatir os asuntos de interés para Carballo.

·O PP solicitará o apoyo de Terra Galega para solicitar un pleno extraordinario no que tendrá que xustificar a sua actitude e non poderá agocharse.

miércoles, 17 de diciembre de 2008

BNG MÁIS PSOE REXEITARON TODAS AS ENMENDAS OS ORZAMENTOS PARA BERGANTIÑOS E A COSTA DA MORTE

* Non aceptaron nin o fondo de reduccion de peaxes, nin a ambulancia medicalizada, nin o centro de repoboacion mariña de Muxia, nin a construccion do porto de Sardiñeiro.

* Despois de 4 anos , ningunha das promesas electorais están cumplidas.

* O voceiro de economía do PP lamenta,como carballes,que o Alcalde de Carballo non fixera forza frente os seus compañeiros, para aprobar para Carballo algunhas das suas reivindicaciones durante anos.




Carballo, 16 de decembro 2008,- O goberno bipartito non foi quén de aprobar ningunha das enmendas presentadas polo PP para mellorar os investimentos da Xunta nos nosos concellos no vindeiro ano 2009,

O portavoz de economía do PP no Parlamento de Galicia, Alberto Sueiro mostrou a sua estraneza de que non fora posible incluir ningún proxecto novo, nin engadir financiación a algúns que están incluidos no propio documento,

“ Que non se reforze a financiación para a construcción do novo centro escolar para Carballo, e unha verdadeira irresponsabilidade de demostra a nula intención do goberno da Xunta de empezar a obra de xeito inmediato.”

O deputado lamentou tamen a falta de apoio do alcalde de Carballo as enmendas porque todas se refiren a obras que él mesmo ten prometido. “Si agora que goberna na Xunta non consigue a ambulancia medicalizada, non sei a cando espera para conseguila”.

lunes, 1 de diciembre de 2008

O goberno municipal debe aclarar a súa postura sobre os pavimentos que pensa utilizar nos parques infantís

* PP pide que se utilice pavimento de caucho, goma ou similar en tódolos parques infantís de Carballo




Carballo, 28 de novembro de 2008.-
En relación co parque infantil de Sofán, o representante dunha empresa interesada (posto que, segundo parece, participou nesa actuación) sae hoxe nun medio de comunicación local decindo que o pavimento de area é máis idóneo ca o de goma ou caucho para utilizar nos parques infantís.

Todos somos conscientes de que a práctica xeral nos parques infantís en toda España é utilizar pavimento de goma ou caucho, sustituindo a area naqueles casos en que existe. Sobran exemplos:

http://www.lavozdegalicia.com/lemos/2008/10/30/0003_7269047.htm

http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2008/10/19/0003_7237420.htm

http://www.diariobahiadecadiz.com/noticias/1040notpasobreinicioobrasparquesinfantilespuertoreal.htm

http://www.elcomerciodigital.com/gijon/20071104/aviles/ayuntamiento-instalara-suelo-caucho-20071104.html

http://revista.consumer.es/web/es/20000301/actualidad/tema_de_portada/30577_3.php

http://www.parquesinfantiles.info/epages/prueba16877_tienda-online_biz.sf/es_ES/?ObjectPath=/Shops/prueba16877_tienda-online_biz/Categories/CMS

http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/11/25/0003_7342225.htm

http://www.lavozdigital.es/jerez/20081128/local/puerto-real/arranca-propuesta-andalucista-arreglo-200811281045.html

http://chazaragoza.wordpress.com/2007/11/29/los-parques-infantiles-tendran-que-ser-desparasitados/

http://www.elmundo.es/elmundo/2007/08/14/madrid/1187090652.html

Non queremos entrar en polémicas con especialistas, pero se ese foi o criterio que se utilizou en Sofán, pedímoslle ó goberno que aclare se está disposto a seguir esas mesmas indicacións nos novos parques infantís que se fagan no futuro (por exemplo, no Rego da Balsa ou na zona do Colexio Bergantiños); e se tamén ten previsto sustituir por area o pavimento de caucho que existe nos parques actuais, como o do xardín municipal, Razo, Parque do Anllóns, San Cristovo, etc.. De non ser así, non entendemos porqué se lle da ó parque infantil de Sofán un tratamento distinto ós do resto do término municipal.

En calquera caso, a postura do PP é clara: coincidimos con outros especialistas que consideran que o pavimento de caucho ou goma é o material máis seguro e recomentable, e en todo caso mellor ca o de area, entre outras razóns por limpeza e hixiene -xa que o pavimento de area presenta riscos de salubridade-, por seguridade e por mantemento -require un rastrillado diario para que non se compacte e unha aportación periódica para manter a profundidade-, e porque o caucho é un material que non se erosiona, polo que os elementos de xogo manteñen a súa altura e disposición.

Por iso, pedimos que non existan discriminacións e tódolos parques infantís de Carballo -incluido o de Sofán-, teñan o mesmo tratamento, con pavimento de goma, caucho ou similar, non de area nin grava.

O Tribunal Superior de Xusticia volve a da-la razón ó PP de Carballo e confirma a anulación da plaza de Asesor Urbanístico

+ Confirma a anulación do proceso de selección dunha plaza de Asesor urbanístico, desestimando o recurso interposto polo Concello de Carballo


+ Evencio Ferrero xa ten o dubidoso honor de ser o alcalde con mais condenas en materia de selección de persoal



Carballo, 28 de novembro.- O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en sentencia dictada o pasado 19 de novembro, ven de confirmar a sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 da Coruña, anulando as bases da plaza de asesor urbanístico do Concello de Carballo.


A sentencia confirma a posición do PP de Carballo, que tras solicitar públicamente e no Pleno da corporación a anulación da convocatoria polas graves irregularidades existentes, viuse obligado a recurrir aos tribunais ante a soberbia e a falta de atención do goberno municipal, empecinado no erro e sin voluntade de rectificar.


A sentencia considera ilegais as bases aprobadas polo alcalde, "sobre todo a la vista de los méritos da fase de concurso, lo cual resulta contrario a los principios de igualdad, mérito y capacidad. […] En definitiva, es ilegal la opción por el sistema de concurso oposición para la selección de la plaza impugnada". A resolución do TSXG confirma a sentencia de instancia, impoñendo ó Concello todas as costas de primeira instancia e máis da apelación, polo que o Concello, ademáis dos gastos propios de abogado e procurador, terá que pagar tamén ós profesionais que defenderon e representaron ó Partido Popular.


Lonxe de rectificar neste caso, coa sua actitude teimuda contra a decisión do Xulgado, o alcalde só conseguiu encarecer máis os gastos de asistencia xurídica, pleiteando a costa dos carballeses. Preguntámonos: devolverá do seu peto ás arcas municipais os cartos que lle costou o pleito ó Concello pola súa contumacia?


A actitude do alcalde neste caso, de seguir recurrindo ós tribunais a pesares de ter sentencias en contra, choca frontalmente coa mantida noutros casos recentes, como o do circuito do motor de Bértoa, no que Ferrero decidiu plegarse ós intereses particulares dun contratista incumplidor perdoándolle máis de 300.000 euros en prexuízo público, a pesares de que os informes xurídicos nese caso si aconsellaban que o Concello acudise ós tribunais.



Evencio Ferrero, nos 5 anos que leva exercendo, é o alcalde que mais sentencias en contra acumula en procesos de selección de persoal, e o único na historia de Carballo ó que lle anularon as bases dun proceso selectivo, o cal fala as claras da falla de criterio, rigor e favoritismo que existe nestes procesos no Concello de Carballo baixo o mandato deste goberno.

lunes, 3 de noviembre de 2008

O PP SOLICITA DO GOBERNO PARALIZAR A APLICACIÓN DO AUMENTO DO VALOR CATASTRAL URBANO


Nestes momentos é inoportuna e moi prexudicial para as familias e as empresas

* En tempos de profunda crise non se poden aumentar as dificultades economicas coa aplicación de máis impostos.

* As decisións do goberno de solicitar a revisión catastral e aceptar despois a ponencia de valores, provocará un aumento de máis do 50% no valor das propiedades urbanas.




Carballo, 1 de novembro de 2008.-
A decisión do goberno de Evencio Ferrero de solicitar a revisión catastral e a súa aceptación posterior da ponencia de valores resultante da mesma, provocará un importante impacto nas economías dos veciños de Carballo, por canto o valor das suas propiedades urbanas se verá aumentado en moitos casos por riba do 50%.

Como xa manifestara o PP cando o goberno aprobou este acordo, a decisión de aumentar o valor non afecta únicamente ó I.B.I. (coñecido popularmente como "contribución"), senón que tamén incrementa todolos impostos nos que se precisa a determinación do valor, coma por exemplo, o imposto sobre a Renda, o de Patrimonio, o de Sucesións e doazóns ou o de Transmisións Patrimoniais, polo que toma unha grande transcendencia e aumentará significativamente a presión fiscal que terán que soportar os carballeses.

Mentras outros gobernos presentan medidas de austeridade e anticrise, o goberno de Carballo acepta aumentar o valor catastral, e coma consecuencia disto ata cinco impostos distintos se van ver incrementados.

No actual momento de dificultades é especialmente inoportuno e desaconsellable autorizar a reforma dos valores, polo que o PP solicita do goberno que replantexe a súa decisión e que paralice a aplicación desta revisión para que non dificulte, ainda máis, a situación económica dos carballeses.

miércoles, 8 de octubre de 2008

BNG- PSOE Un goberno sen iniciativa

O pasado 3 de Outubro, o grupo municipal carballés do Partido Popular presentou unha moción, propoñendo ó próximo pleno a celebrar que se acorde o acondicionamento e equipamento necesario para convertir en parque infantil os terreos propiedade do concello na zona bergantiños.
En base a esto, o pasado domingo publicouse na prensa local que o Concello ten previsto realizar actuacións na zona escolar do colexio bergantiños unha vez que os alumnos da escola taller terminen a formación técnica, ainda que non marcan datas para esta actuación.

Unha vez máis, queda demostrada a forma de traballo do actual goberno, xa que de esto pódese desprender:
PRIMEIRO: Despois de cinco anos de goberno, resulta curioso que éste anuncie esta actuación na zona bergantiños un día despois de que o Partido Popular presente en rexistro unha moción solicitando este parque infantil. Sen duda, unha maneira xa habitual no goberno actual, que aproveita as mocións da oposición para salir na prensa.

SEGUNDO: O anuncio na prensa faino o concelleiro de tráfico, cando é unha obra da competencia de obras e servicios.

En todo caso, o Partido Popular defenderá a moción presentada para que esta obra sea aprobada en pleno e con datas concretas, para que de unha vez por todas os nenos e nenas da zona bergantiños poidan disfrutar dun parque infantil demandado cada vez máis polas moitas familias que viven en esta zona.

miércoles, 24 de septiembre de 2008

O PP DEMANDA DO SR.QUINTANA MAIS OBRAS E MENOS PROPAGANDA EN MATERIA DE ESCOLAS INFANTIS .

Namentras en Carballo os nenos que non teñen plaza pública son caseque o doble dos admitidos

* O Vicepresidente presume de poñer en marcha galescolas que xa estaban funcionando como escolas infantis e que son proxectos do goberno anterior.

* Nin en Carballo, con unha lista de espera inaceptable, nin na Laracha o Sr.Quintana puxo en marcha unha soia plaza nova de educación infantil nos ultimos tres anos.

* Veu a Bergantiños, na politica de contraprogramación permanente do bipartito, exclusivamente a facer campaña e a compensar a visita do Sr. Touriño da semana pasada.

* En Carballo non levamos 16 anos esperando unha galescola. Levamos soio 3, os que pasaron desde que o alcalde do BNG a prometera e ainda non está nin empezada a primeira.



Carballo, septembro 2008,- O Vicepresidente da Benestar e a Igualdade estivo en Bergantiños para voltar a facer a propaganda e poñer en funcionamento unha galescola na Laracha que, do memo xeito que a de Carballo, son as escolas infantis que proxectaron e financiaron gobernos anteriores e as que o sr. do BNG unicamente lle está a poñer o nome,

E significativo da politica de este bipartito ,e da permanente propaganda que fai o Sr. Quintana, que nas duas principais núcleos urbanos de poboación de Bergantiños, Carballo e A Laracha, o Vicepresidente non fora quén de crear unha soia plaza nova de educación infantil. A única aportación do BNG foi o cambialas escolas de nome para que pasen a chamarse Galescolas e así presumir de que se estan a crear plazas,

Do que non dixo nada o coordinador xeral do BNGe é da mala xestión do Sr. Alcalde de Carballo, o seu compañeiro no BNG, que despois de 3 anos de prometer unha galescola , e de gastar en un proxecto que xa vai pola 3ª reforma, ainda non están nin escomenzadas as obras,a pesares do importante deficit de plazas públicas que sufren as nais e os pais de Carballo.

Do que non veu a falar o coordinador xeral do BNG e de que en Carballo podríamos ter o doble de plazas de educación infantil se non fora a intervención do BNG que non permitiu que a actual escola infantil poidera acoller mais nenos.

miércoles, 17 de septiembre de 2008

Plan director de estradas de Galicia



O portavoz municipal do Partido Popular, Alberto Sueiro, presentará unha moción para ser dabatida no próximo pleno da corporación municipal, sobre a Presentación de alegacións ao Plan director de estradas de Galicia.
A continuación, para que esté ó alcance de todos os cidadáns dende este blog, pasamos a relatar a exposición de motivos.

* O Plan director de estradas de Galicia, que diseña os futuros investimentos en infraestructura viaria para os vindeiros 12 anos ,non contempla unha conexión entre Santiago e Carballo acorde a relevancia que temos no conxunto galego, consolidando o aillamento do noso concello ao respecto da capital da Comunidade Autónoma, unha das mais grandes áreas de influencia de Galicia.

* E inaceptable que a conexión Carballo-Santiago non se inclúa na rede de altas prestacións, e non figure dentro da rede de articulación territorial principal, quedándo relegada a rede complementaria a categoria mais baixa do plan o que constitue un claro agravio comparativo.

* E evidente que existe un trato moi desfavorable a nosa cidade, a 10ª de Galicia, ao non incluirnos nas actuacións de conexión dos sistemas interurbanos intermedios, como sí acontece por exemplo con Monforte, Lalín, Celanova, As Pontes, Gondomar ou Padrón.

* O PP, consciente da importante desventaxe a que se condena aos cidadans e as empresas carballesas nos vindeiros 20 anos, esixe do goberno municipal que actúe, dentro de plazo legal de dous meses , presentando as correspondentes alegacións a este plan para que a interconexión do noso concello co conxunto das áreas de influlencia que nos rodean esté acorde a verdadeira situación e reclamando o mesmo trato que se dá a outras poboacións de menor importancia, tanto por número de habitantes,como por censo industrial e comercial ou por actividade económica.

Polo que se presenta a seguinte moción:
O pleno da corporación municipal de Carballo acorda:

Que o Goberno municipal de Carballo elabore e presente ante a Consellería de Politica Territorial Obras Públicas e Transportes, as oportunas alegacións o Plan director de Estradas de Galicia 2010-2020 para que se modifique, incorporando a conexión Carballo-Santiago de Compostela dentro da Rede Galega de Altas Prestacións.

sábado, 13 de septiembre de 2008

O PP DENUNCIA A FALTA DE PLAZAS NAS ESCOLAS INFANTIS E NOS COLEXIOS PÚBLICOS DE CARBALLO.


Escomenza o curso cos colexios caseque ó 100% da sua capacidade



A falta de plazas de 0 a 3 anos e a saturación dos colexios públicos son un grave problema para o futuro próximo de Carballo.

Na maioria dos colexios de Carballo non teñén servicio de comedor escolar, incumplindo coa promesa da Xunta de que accederían a este servicio o 100% dos escolares.

Carballo, 12 setembro, 2008.-
O goberno municipal despois de prometer un novo colexio, conformáse agora con unha ampliación do colexio Bergantiños, que ainda non está aprobada pola Consellería de Educación e polo tanto, non ten plazos de execución nin financiación comprometida.

A falta de previsión e de capacidade de xestión do goberno municipal provoca que en Maio do 2008 os nenos de Carballo teñan problemas para obter plaza escolar.

A falta de unha axeitada ordenación dos servicios de comedor é transporte na totalidade das instalacións do concello, provoca a concentración dos escolares no colexio Fogar e no Bergantiños.

A ampliación do colexio Bergantiños, a costa de ocupar o espacio destinado a áreas deportivas e de recreo do colexio, é un parche que non ofrece solucións para o futuro. O goberno municipal debe xestionar coa Xunta de Galicia a construcción de un novo colexio en Carballo.

O exemplo das escolas infantís de Carballo é ilustrativo da falta da actuación de este goberno. En cinco anos de goberno municipal non crearon nin unha sola plaza nova de 0 a 3 anos, a pesares da gran demanda de plazas públicas, e para o ano 2009 non estará en funcionamento a galescola que levan prometendo 3 anos. O unico que soupo facer o goberno municipal foi cambiarlle o nome a escola infantil por galescola, aproveitándose do que estaba feito para politizar a educación dos mais cativos.

viernes, 1 de agosto de 2008

O PP denuncia o desastre na xestión dos centros educativos de Carballo

CARBALLO NON CONTARÁ NO 2009 NIN COA NOVA ESCOLA INFANTIL NIN COA AMPLIACIÓN DO COLEXIO BERGANTIÑOS.

· Alcalde en cinco anos non foi quén de sacar adiante o proxecto para a construcción dunha escola infantil.

· Dende 2006 hai un proxecto aprobado para a construcción de unha escola infantil da que non dispoñia dos terrreos.

· A única preocupación do Alcalde é que a actual escola infantil pase a ser Galescola para contentar ó Sr. Quintana.

Carballo, 30 de xulio 2008.- Nunha nova mostra da incapacidade para a xestión do alcalde de Carballo, a Consellería de Educación ven de rexeitar definitivamente a autorización para que o concello poida dispor dos seus terreos.

O Alcalde de Carballo, ten feito un proxecto dende o ano 2006 , que xa tivo que ser correxido a instancias da Xunta, e que agora non se pode executar porque non tivo a prudencia de asegurarse primeiro a disponibilidade do terreo, antes de encargar o proxecto de construcción.

O alcalde actual que impediu que a escola infantil “As Landras” atendera o doble de rapaces, non foi quén en cinco anos de poñer en servicio nin unha plaza nova de educación infantil. Frente a efectividade na xestión do PP, que deixou feita a actual escola infantil coma contraprestación na negociación para a construcción do centro comercial, o Sr. Ferrero non e capaz de conseguir terreos nin da administración do goberno da sua propia forza política.

A realidade é que en Carballo existe unha gran demanda de plazas de educación infantil, que este goberno non foi quén de atender, ofertando apenas o 20% das que sería necesario, e dous anos despois de presentar a bombo e platillo a nova escola, agora ten que empezar de novo, co conseguinte perxuicio para os veciñ@s e @s seus fill@s.

Insistindo na sua habitual carga de propaganda agora trata de agochar o seu fracaso, prometendo unha ampliación do colexio bergantiños, que ainda non está aprobada pola Consellería de educación, que non ten financiación, nin plazos de execución. Fiel o seu estilo, sempre que aparece un problema o alcalde reunirase coa conselleira responsable (ainda en setembro) para seguir enganando os carballeses o xeito seu de “facer que fai”.

O grupo municipal do PP de Carballo, pedirá o alcade explicacións sobre do incremento dos costes provocados polas sucesivas rectificacións e das adaptacións do proxecto orixinal.

miércoles, 21 de mayo de 2008

O Partido Popular denuncia a mala situación do deporte de Carballo pola ineficacia da Concellería de Deportes e do Alcalde.


Dende fai un ano temos un concelleiro con adicación parcial o concello para dirixir a área de deportes e increíblemente para facer un estudio sobre as necesidades do deporte en Carballo encárgaselle a unha empresa externa con un coste de 20.000 euros.

Consideramos que tendo un concelleiro con adicación ó concello, contando co Patronato Deportivo Municipal e todolos profesionais deste organismo e coa axuda dos directivos das distintas entidades deportivas da zona deberían saber cales son as necesidades deportivas do noso Concello

O Alcalde despois de prometer impulsar o Patronato, despois de prometer crear unha fundación para o Deporte ao remate soio se lle ocurre encargar unha asistencia técnica que lle sirva de coartada para a sua falta de proxecto e o seu fracaso en esta materia durante cinco anos.

En pasados días, en unha reunión do consello rector do Patronato Deportivo Municipal, do cal forma parte o concelleiro do PP Ricardo Serrano, podemos comprobar a ineficacia na organización interna do Concello e o Patronato, pois namentras o Patronato concede subvencións as entidades deportivas do concello por un lado, e o Concello firma convenios para financiar “algunhas entidades” por outro.

A situación de provisionalidade, de falla de comunicación e incertidume entre o persoal e os profesionais é notable entre o persoal das distintas instalacións e servizos, e está a causar tensión e falta de motivación no traballo que prexudica moito o normal desenvolvemento das actividades.

En materia de infraestructuras deportivas o balance é moi negativo, cabe recordar o caso do ximnasio do polideportivo municipal, co material instalado e sin uso coñecido ou que despois de catro anos de espera, i en plena competición, o Concello acometeu a sustitución do cespede das Eiroas. As deficiencias en ditas obras son manifestas e a dia de hoxe non se está a traballar para buscar unha solución.

Do mesmo xeito hai menos de un ano que se fixo unha importante inversión de mellora no campo de As Pedreiras-Berdillo que tamen quedou con moitas deficiencias, como por exemplo o drenaxe do mesmo, que provoca que a dia de hoxe o campo volva a estar impracticable.

Cabe recordar tamen que o maior investimento en infraestructuras deportivas de este Concello durante este mandato foi construir un campo de fútbol no Concello de A Laracha.

Sen duda, unha concellería sen criterios, sen ningún plan de traballo, sen saber qué queren facer nin cara onde queren orientar a actividade deportiva do Concello que ten coma resultado un despilfarro permanente dos recursos e unha situación de absoluta paralización do deporte en Carballo .

jueves, 15 de mayo de 2008

A rúa San Xosé de Carballo carece de aceras

Dende hai bastante tempo, os veciños veñen queixándose do deficiente estado das beirarrúas da marxe dos números impares da rúa San Xosé. Posiblemente sexan unhas das peores aceras de todo o centro de Carballo, co agravio comparativo que supón que en toda a mazá foran renovadas as beirarrúas, colocando baldosa (rúas Gran Vía, Desiderio Varela, Coruña e Martín Herrera) e incluso na marxe dos números pares se fixeron beirarrúas novas gardando a mesma estética das circundantes. Pola contra, as beirarrúas ás que nos estamos a referir, son de cemento, de uns 50 metros de longo, están cheas de remendos, desniveis e incluso buratos que supoñen un perigo patente para os viandantes, e presentan unha estética manifestamente mellorable, como se pode comprobar nas fotos que se adxuntan.


Esta situación é de sobra coñecida polo goberno municipal, pois, aparte de saltar á vista, xa foi denunciada polos veciños, incluso por escrito. En marzo do ano 2007, oito familias residentes na rúa San Xosé presentaron un escrito no Concello solicitando que se fixeran aceras novas nesa rúa. Desgraciadamente, non só non se fixeron, senón que esta solicitude nin sequera obtivo contestación do goberno municipal.

Como o goberno municipal non fixo nada para remediar a situación, esta empeorou. As aceras foron desfacéndose un pouco máis a medida que pasaba o tempo, ante a desidia do goberno local.

Xa que logo, é urxente que se lle dea unha solución satisfactoria a este problema; solución que pasa necesariamente pola construcción de novas beirarrúas que sexan de calidade similar ás circundantes.

Polo exposto, proponse ó Pleno a adopción do seguinte ACORDO:

O Concello de Carballo, no prazo máis breve posible, construirá novas beirarrúas na marxe dos números impares da rúa San Xosé, con calidade e estética similar ás do resto da mazán e ás da outra marxe da mesma rúa, e co ancho necesario.

Carballo, 12 de mayo de 2008.

lunes, 12 de mayo de 2008

PROPUESTA DE APARCAMIENTO PARA CARBALLO


Hasta ahora el gobierno se ha centrado en la idea de hacer un parking subterráneo en la plaza, y como alternativa se han mantenido parking en superficie provisionales.

Sin embargo, existe otra posibilidad de la que nadie ha hablado y que puede ser una solución mucho más lógica: parkings en altura, o edificios de aparcamientos. Es muy habitual en países anglosajones y lo empieza a ser en España.

Consiste en levantar un edificio destinado exclusivamente a aparcamiento de vehículos, incluyendo sótanos o no. Su construcción es mucho más barata que los subterráneos y para la misma superficie permiten una ocupación mucho mayor. La ejecución suele ser muy rápida porque de hecho suelen emplearse estructuras metálicas o prefabricadas de hormigón. Aunque la tipología puede que no parezca muy atractiva, hoy en día se hacen diseños singulares muy estéticos que incluso ganan premios de arquitectura (ver apéndice).


Evidentemente el inconveniente está en que se ocupa suelo urbanizable, mientras que los subterráneos se pueden hacer bajo zonas verdes. La iniciativa privada no los realizará por sí misma porque las viviendas son mucho más rentables. Por eso se construyen para maximizar el aparcamiento en espacios públicos y también en el patrimonio municipal del suelo por iniciativa de los ayuntamientos para solucionar problemas de aparcamiento en ciudades congestionadas con poco espacio, o donde los subterráneos no resultan rentables. Un ejemplo claro es el de la ciudad de Las Palmas:

En 1995 había un serio problema de falta de aparcamientos en Las Palmas de Gran Canaria. El Ayuntamiento y la empresa municipal Sagulpa se encontraron con una ciudad muy deficitaria en plazas de aparcamiento, tanto de rotación como para residentes. El aumento de población y sus necesidades, el crecimiento de la ciudad y de su parque de vehículos, la falta de suficiente infraestructura y la existencia de numerosos edificios sin aparcamiento propio eran los causantes de esta situación.
Para solucionar este grave problema, y en un tiempo récord de 4 años, fue necesario construir 13 edificios de aparcamientos en zonas clave de la ciudad, con una capacidad cercana a las 3.000 plazas y una inversión por encima de los 13 millones de euros.

Y así, en 1999, ya se habían puesto a disposición de los ciudadanos más de 4.000 plazas de aparcamiento. Igualmente se puso en marcha el proyecto CAR, destinado a cubrir la carencia de aparcamientos destinados a residentes.


PROPUESTA DE APARCAMIENTO PARA CARBALLO

Nótese el coste por plaza. Con 13 millones de euros se consiguen 3000 plazas. El proyecto total del subterráneo de Carballo anda por los 6 millones y solo se generan unas 500.
Por supuesto, en Carballo no se dispone hoy del espacio público necesario. Hasta el momento respecto a las cesiones obligatorias originadas por el desarrollo de los polígonos recogidos en el PXOUM, la única iniciativa del gobierno ha sido el comprometer su venta para pagar el préstamo y realizar permutas

Haciendo cuentas, en los edificios de aparcamientos un coche ocupa en media entre 20 y 30 m2 de la superficie total, dependiendo de cómo se aproveche el espacio y del número de plantas (a más pisos las rampas de comunicación suponen una ocupación de espacio mayor). El coste de construcción podemos valorarlo, aproximadamente en valores de Diciembre 07, en unos 5.000 euros por plaza. A título de ejemplo, utilizando áreas que ya se han destinado a estos usos, si suponemos que toda la cesión al Concello de esos polígonos se destina a construir edificios de aparcamientos, salen la siguiente simulación:

Rego da Balsa

San Martiño

Suma

Polígono

26

17

Superficie total (m2)

35.598

29.438

Aprovechamiento tipo

1,9643

2,1475

M2 urbanizables total

69.925,151

63.218,105

13.3143,256

M2 urbanizables cesión

6.992,515

6.321,811

13.314,326

Plazas aparcamiento

233-349

210-316

443-665

Coste construcción (M€)

1,16-1,75

1,05-1,58

2,21-3,33

En caso de desarrollarse esos polígonos, y con un coste muchísimo menor, se crearían tantas plazas como en el subterráneo.

PROPUESTA DE APARCAMIENTO PARA CARBALLO

CONCLUSIÓN:

Esta propuesta no constituye la panacea para resolver el grave problema de aparcamiento actual, pero sí que puede ser una alternativa interesante para el futuro inmediato y para el debate del diseño urbano de Carballo.

Se hace pública para contribuir a aportar alternativas a un problema urgente, muy importante, al que se debe dar respuesta y que está sujeto a aportaciones y mejoras.

miércoles, 7 de mayo de 2008

Continuando coa política da propaganda permanente


O CONCELLEIRO DE TRÁFICO ANUNCIA POR CUARTA VEZ EN CATRO MESES QUE VAN PINTAR OS PASOS DE PEÓNS EN CARBALLO.

· Como non teñen ningunha solución ós problemas de tráfico, convirten en noticia o traballo ordinario do departamento.

· O goberno municipal segue sen aclarar onde estarán é cando entrarán en servicio as plazas de aparcamento público que prometeron para recuperar as perdidas.

· O Sr. Alcalde, coma sempre que hai un problema, volta a estar desaparecido : non sabe / non contesta.

Carballo, 7 de maio de 2008.- Namentras en Carballo os problemas da circulación e o aparcamento , cada día son máis importantes, e o tráfico estase a convertir nun pesadelo para quén teña que transitar ou pasear polas nosas rúas en determinados días ou en horas concretas, o Concelleiro de tráfico volve a anunciar, e van catro veces, que se van pintar os pasos de peóns en mal estado, coma a gran medida do seu departamento.

O goberno mellor pagado da historia de Carballo que en cinco anos non fixo ningunha plaza da aparcamento pública nova, nin siquera traballaron para sustituir as que se perderon, e a día de hoxe aínda non se sabe onde estarán situadas nin cando entrarán en servicio as plazas de aparcamento para sustuír as perdidas. Coma sempre tarde, mal e arrastro.

Incapaz de poñer solucións para arranxar os problemas, enfrentado e desacréditado públicamente polos propios policías o seu cargo e abandoado polo alcalde que non quere que lle “salpique” o malestar dos cidadáns, o Concelleiro de tráfico emprende a fuxida cara adiante e recurre a propaganda e a “busca da foto” ainda que sexa a mesma do mes pasado.

Ante a falta de solucións recurren a facer noticia do traballo ordinario de conservación e mantenemento da señalización, que é unha obriga do concello, e que se ten feito desde sempre. Calquer día farán noticia de que chegan a traballar a súa hora.

lunes, 5 de mayo de 2008

O PP PIDE AO SR. FERRERO QUE IMITE Ó ALCALDE DE LUGO E PROPOÑA MODIFICAR AS NORMAS DO HABITAT

Actuando en defensa dos intereses de Carballo

· A moción aprobada polos socialistas lugueses deixa en evidencia as excusas do alcalde para votar en contra da moción do PP.

· Queda claro que o Sr. Ferrero elixe actuar como militante do BNG antes que coma alcalde de Carballo.

· Recoñecendo públicamente que o incremento de licencias solicitadas en Carballo é para evitar o impacto das normas demostrou que o PP tiña razón en denunciar os perxuicios da sua implantación.

Carballo, 5 de maio de 2008 .- A reciente decisión do goberno municipal de Lugo –socialista– de posicionarse contra as normas do habitat, propoñendo a sua modificación, veñen a confirmar a argumentación do grupo municipal do PP na dirección de considerálas contrarias os intereses dos concellos e nomeadamente ó de Carballo.

Queda en evidencia o grupo de goberno de Carballo o aceptar, por disciplina de partido, non posicionarse contra un decreto que invade competencias municipais e nos perxudica especialmente, tendo en conta as especiales circunstancias do noso concello, lembremos : polígonos urbanos en plena fase de execución, un plan xeral pendente de aprobación , i en plena crise da construcción, cos problemas de emprego e actividade que se están a sufrir.

Lonxe de actuar en interés dos carballeses o goberno defende a consellería, sin escoitar a especialistas e asociacións empresarias de ámbito local e comarcal que se teñen posicionado en contra e avisan dos efectos negativos que estas normas acarrexan.

Dende o PP de Carballo, solicitamos o alcalde de Carballo que siga os pasos do Concello de Lugo, modifique a sua postura e dialogue na busca do consenso de todolos grupos e axentes locais, para mostrar ante a Conselleira un posicionamento contrario ó actual decreto, que posibilite a sua modificación por outra norma que non perxudique os carballeses.

domingo, 4 de mayo de 2008

Os policías fartos de falsas promesas, poñen en evidencia o goberno

O PP Pide ó goberno que deixe a propaganda e se poña a traballar para solucionar a falta de aparcamentos e o cais no tráfico de Carballo.
A propia Policía Local, recoñece que non lle poñen medios nin persoal para atender as suas funcións.

Denuncian que non se fan servicios por falta de efectivos ou que estan cubertos de xeito non regulamentario.

Carballo, 2 de maio, 2008.- O goberno millor pagado da historia de Carballo e o que dispón de máis concelleiros para traballar, lonxe de acadar resultados que solucionen os problemas de Carballo, agrávanos coa sua falta de previsión e a súa teima pola propaganda permanente.

Con unha situación caótica no tráfico rodado, a cada paso máis complicado nas nosas rúas, sin que se tomen medidas, a perda dos aparcamentos públicos detrás da antiga estación de autobuses, veu a acrecentar un problema que na súa maior parte é responsabilidade de un alcalde que tras cinco anos no cargo, non foi quen de dar solucións e de adiantarse a unha situación anunciada dende hai tempo. Non é quen de crear novos aparcamentos nin de conservar os que lle deixaron.

A evidencia máis palmaria da falta de traballo de este goberno é que os propios policías locais teñen denunciado a súa situación e a falta de solucións do goberno que pasa máis tempo presumindo de que Carballo medra moito que adiantándose os problemas e dando solucións.

O PP ten denunciado a falta de efectivos da Policía Local e proposto a ampliación da plantilla, que sempre foi rexeitada polo goberno. Así como denunciou que o incremento da zona azul sin novos efectivos de vixiancia é unha medida totalmente inútil.

A actual situación, vistas as denuncias dos efectivos do propio servicio, pon en evidencia o fracaso do Concelleiro de tráfico e policía, e a súa incapacidade para dirixir o departamento, polo que sería procedente o seu relevo por parte do Alcalde.


Texto íntegro do comunicado da asociación de policía:

Diante das informacións aparecidas nos medios de comunicacións en datas recentes, referidas a aprobación polo Governo Local de Carballo da ampliación da Zona Azul, a revisión da utilización das zonas de carga e descarga e outras tamén relacionadas coas dificultades para a circulación no casco urbano de Carballo, esta Asociación Profesional, na que están integrados a maioría do Policías de Carballo, manifesta:

Sin entrar na valoración da efectividade da Zona Azul en canto a regulación dos estacionamentos, queremos facer público que a referida Zona Azul non está a ser atendida por ningún Policía, xa que ó axente que se lle encomendou esta función está de baixa por Incapacidade Temporal, habendo longas temporadas con esta mesma situación. Esto é debido, estre outras cousas, á política da Concellaría de persoal do Concello, da que é o seu titular o Concelleiro Benedicto Viña, como tamén o é da Sección da Policía Local. Calquera pode entender que para exercer as funcións propias do Corpo ó que pertencen, os policías deben ter unha determinada capacidade física e mental, e de feito, a Lei de Coordinación das Policías Locais establece as condicións nas que os Policías deben pasar a unha segunda actividade, e entre elas están o alcanzar a idade de 55 anos ou cando, sin chegar a isa idade, o axente teña mermada a súa capacidade física ou mental.

Pois ben, o Concelleiro da Policía de Carballo, e polo visto tamén, o Xefe do Corpo, teñen outra interpretación, e así ocorre que hoxendía hai tres policías apartados do servicio 24 horas por problemas físicos e/ou mentais, pero que teñen asignados servicios na rúa. Así podemos atopar algún policía pola rúa que non porta arma regulamentaria, o que está de feito prohibido por lei. ¿Qué pasará si ese policía que está na rúa se atopa nunha situación na que debe defender a integridade física, ou a vida, dos cidadáns, ou a súa propia vida?

Tamén nos podemos atopar con que eses policías......que teñen mermadas as súas condicións físicas e/ou mentais, son os que regularmente fan as súas funcións no vehículo policíal, mentres aqueles que se encontran en perfectas condicións cumpren o servicio a pé. ¿Qué pasará si xurde unha emerxencia? Pois que os axentes que traballan a pé deben acudir con urxencia á Xefatura, coller un vehículo policial e desprazarse ó lugar da emerxencia. Despois non poderá sorprender que o tempo de resposta non sexa o axeitado.

Namentras, os Partidos Políticos, sen excepción, non teñen reparos en incluir dentro do seu Programa a ampliación da plantilla da Policía Local. Pois ben, dende o ano 1992, é decir, en 16 anos, o incremento efectivo da plantilla foi de 3 axentes. Menos de un axente cada 5 anos. Si a eso lle engadimos que hai tres policías apartados do servicio 24 horas e que en vez de un Cabo agora hai dous (que tampouco fan servicio 24 horas), o saldo é negativo.

Como consecuencia, en periodos de festas, como son o San Xoán ou o Nadal, para "vender" diante dos cidadáns o incremento da presencia policial nas rúas, decretan a suspensión de vacacións e permisos dos policías.

A carencia de efectivos tamén é argumento para denegar de xeito sistemático os días de permiso ó que teñen dereito os policías, como funcionarios que somos.

Agora no verán, o Governo Municipal nomeará a catro Auxiliares de Policía, que carecen do carácter de Axentes da Autoridade, que a lei atribúe os Policías. Estes auxiliares de policia non poden denunciar infraccións de tráfico, nin identificar persoas, e moitos menos, detelas, pero en Carballo non teñen reparos en que substitúan ós axentes e asuman as funcións dos mesmos. Desta maneira, mesmo traballan polas noites, facendo seguridade cidadá. Pero o importante é ter presencia policial nas rúas, ainda que sexa con persoas sen experiencia, sen preparación específica e se a autoridade necesaria. O importante é "que nos vexan".

Os estudos realizados sobre as condicións de traballo dos axentes da Policía Local, e en concreto, o realizado en datas recentes pola Universidade de Cantabria, determinan que os axentes con idades próximas ós 40 anos empezan a mostrar un "deterioro funcional claro", e por riba dos 55 a capacidade para cumprir a maior parte das súas funcións "atópase mermada significativamente, afectando á súa propia saúde e á seguridade de terceiros".

Este estudo, que se fixo durante un ano, en 643 plantillas de Policía Local, destaca que o 65% dos policías tivo problemas de estrés, que case un 17% necesita consumir tranquilizantes ou relaxantes, e que preto dun 45% tivo problemas de ansiedade. A idade media dos Policías Locais de Carballo non está lonxe dos 50 anos. Non se está a renovar a plantilla con xente nova. Non se está aplicando a lei no referente á segunda actividade. Suspenden os permisos e vacacións en tempos en que todo o mundo quere estar coa súa familia. Non sorprenderá, entón, que dentro de pouco, os policías "apartados" do servicio 24 horas sexan máis que os que presten ese servicio. E aqueles que o sigan prestando, de seguro que non estarán nas mellores condicións para facelo.

No que atinxe ós problemas de circulación e aparcamento no casco urbano, entendemos que é un problema do que non está exento ningún Concello de certa entidade. Pero si ese Concello, por riba, carece dunha ordenanza de circulación, o problema é irresoluble.

Este é o caso do Concello de Carballo, que con máis de 30000 habitantes, é en pleno ano 2008, aínda non ten aprobada unha Ordenanza Municipal de Circulación, a pesares de estar así atribuído pola Lei Sobre Tráfico, na que se dí textualmente, en canto ás competencias dos municipios: "A regulación mediante Ordenanza Municipal de Circulación, dos usos das vías urbanas, facendo compatible a equitativa distribución dos aparcamentos entre todos os usuarios coa necesaria fluidez do tráfico rodado e o uso peonil das rúas ..."

Que saiban os policías, unicamente están regulados por Ordenanza os seguintes apartados:

- A Zona Azul, da que xa queda acreditada a atención que se lle presta.

- A Carga e Descarga. Que foi aprobada no ano 2004, e nunca se puxo en marcha, pero para a nosa sorpresa, o Concelleiro ven a dicir en abril de 2008 que pretende adecuar a súa utilización.

- As Paradas de Autobuses. Tamén se aprobou no ano 2004, .. e tampouco se puxo en marcha. Presumiblemente, un destes días o Concelleiro anunciará que vai a "adecuar a súa utilización".

Descoñecemos si existe unha ordenanza para a "Zona Verde". Pero na rúa Colón, hai un espacio sinalizado, dende hai xa moitos meses, horizontalmente coa cor verde e verticalmente con sendos sinais que indican que é unha zona restrinxida a residentes, excepto os días de feira. Tamén será obxecto de "adecuación".

Pero por si eso fose pouco, Carballo padece unha regulación da circulación do tráfico pésima e perigosa, e o mesmo se pode dicir da sinalización. Existen en Carballo cruces imposibles, pola súa regulación e sinalización. Pódese citar como exemplo o cruce de Praza de Galicia con Camiño Novo e rúa Ponte, onde se fixo un importante inversión de diñeiro en semáforos que nunca se puxeron a funcionar e que resulta un embudo no que se atascan os vehículos. Outro exemplo de mala regulación e sinalización é o cruce de Vázquez de Parga con Emilia Pardo Bazán, que resulta extremadamente perigoso pola pésima resolución que se lle deu.

Pero mención aparte merece o cruce das rúas Ponte, Perú, Poniente e Luis calvo. Calquera que se achegue a este cruce cando non están a funcionar os semáforos, poderá comprobar as tremendas dificultades que teñen os conductores para saber quen ten prioridade de paso, xa que cada unha destas vías conta co seu sinal de "ceda o paso" ou "stop". Non é de estranar, tal como está sinalizado. Nos tamén temos as mesmas dificultades. Calquera día haberá unha desgracia persoal, como foi a morte por atropelo ocorrida na rúa Vázquez de Parga, onde a sinalización do paso de peóns era deficiente, para que se revise a sinalización. Pero para entón, a desgracia xa terá ocorrido.

En canto á sinalización informativa, entendemos que en Carballo pode chamarse de calquera outro xeito, menos informativa. Hai unha ausencia case total de paneles indicadores de direccións e os poucos que hai son pouco afortunados. Cabe mencionar que si algún visitante, que proceda do centro de Carballo, é decir, da Praza de Galicia , e baixe pola rúa Ponte, en dirección a Malpica, atopará no seu camiño un indicador que reza "centro de poboación", que o levará a Fisterra. É posible que ó cartel lle falte eso último: "centro de poboación ... de Fisterra". Os carteis que poñen "Outras direccións", nin merecen comentario.
Dende esta Asociación queremos denunciar publicamente que tódolos políticos que pasaron polo Governo, lexislatura tras lexislatura, teñen a súa parte de responsabilidade, en especial aqueles que tiveron ou teñen responsabilidades na Policía Local, delegadas polo Alcalde de turno, por non ter, cando menos, tentado darlle solución a estes problemas.

Pero posiblemente máis grave sexa o caso do Xefe da Policía de Carballo, que despois de máis de vinte anos no cargo nin denunciou a situación, nin fixo nada para remediala. Posiblemente, sexa porque non traballa a turnos, non lle denegan os permisos, vai de vacacións cando él quere e cobra as horas extras que él mesmo controla, entre outros "privilexios". Como acabo de dicir, "actual Xefe da Policía Local", pois a nova Lei de Coordinación de Policías Locais de Galicia (lei 4/2007 de 20 de abril) aprobada no mes de maio do ano pasado, cita textualmente no seu artigo 28.5 "a creación da categoría de Inspector Principal será obrigatoria nos Concellos de máis de 25.000 habitantes...". Queda claro que ó Concello de Carballo de momento esquecíuse de que ten que crear unha nova praza de Inspector Principal, e por tanto ó ser esta praza de superior categoria, ter así un novo Xefe da Policía Local de Carballo. Cómpre suliñar que dende a Asociación apoiaremos con tódalas nosas forzas a aplicación da Lei de Coordinación de Policías Locais por entender que é un mecanismo necesario e moi beneficioso para o progreso e millora dos Corpos de Policía Local.

Carballo, a 02 de maio de 2008
O Presidente da Asociación Profesional
de Policías Locais da Costa da Morte


sábado, 3 de mayo de 2008

O Sr. Ferrero tira a pedra i esconde a man, atrapado nas suas mentiras.

O ALCALDE SIGUE ENREDANDO E NON ACLARA CALES SON OS MEMBROS DA OPOSICIÓN QUE COBRAN MAIS COS DO GOBERNO.
Non se poden facer acusacións gratuítas e falaces. Dende o PP pedímos que aclare convenientemente as suas palabras ou en outro caso, que as retire por falsas e pida disculpas os carballeses.
Non é propio que intente enganar os carballeses sembrando a discordia e a confusión intencionadamente, para tapar o derroche dos cartos públicos en soldos a concelleiros do goberno que non teñen xustificación.
O Sr. Ferrero ten a oportunidade e a obriga de acreditar as suas palabras e que todos os carballeses saiban claramente o que cobran os concelleiros de Carballo. Pola nosa banda, para facilitarlle a sua aclaración, autorizamos o alcade que faga públicas as retibucións como concelleiros dos membros do grupo municipal do PP.

miércoles, 30 de abril de 2008

Pola sua mala conciencia acusa a oposición dos seus erros.


O PP exixe o alcalde que identifique os concelleiros da oposición que cobran mais que os do goberno.

· O alcalde está moi orgulloso de ter incrementado un 148% o custo das adicacións exclusivas, e de que os carballeses vaian gastar, en este mandato, perto de 1,5 millons de euros para pagar os soldos do goberno.

· Algún concelleiro tivo unha suba salarial do 30% respecto o mandato anterior.

· Todolos concelleiros cobran como si foran titulados superiores.

Carballo, 28 de abril 2008.- O alcalde de Carballo, preso da incoherencia mais absoluta - farto de presumir que él cobra o mesmo que no seu traballo anterior, namentras non esixe a mesma norma para os seus concelleiros delegados - acusa agora a oposición de cobrar mais que os membros do goberno.

Tal acusación merece do Sr. Alcalde unha aclaración detallada, e que explique os datos que acrediten a súa palabra. Pola sua banda e para facilitarlle a sua aclaración, os concelleiros do PP autorizan o Sr. Ferrero que faga públicas as suas remuneracións coma concelleiros.

E lamentable que o alcalde intente, para tapar a sua mala conciencia facendo uso da politica-basura (…calumnia que algo queda) querendo confundir os cidadans e meter a todos no mesmo saco.

A realidade é que éste é o goberno mellor pagado da historia de Carballo, con moitas adicacións que non se xustifican coas responsabilidades que asumen nin co traballo que realizan os concelleiros e con uns soldos absolutamente desproporcionados, fixados considerando a todolos concelleiros como titulados superiores .