viernes, 23 de julio de 2010

ENMENDAS ( para o seu debate na Comisión Informativa )

ENMENDAS QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR

Á ORDENANZA XERAL MUNICIPAL SOBRE TRÁFICO, CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS A MOTOR E SEGURIDADE VIAL

DO CONCELLO DE CARBALLO,

para o seu debate na Comisión Informativa:

ARTIGO 10:

Suprimir a frase: “as beirarrúas suficientemente amplas”.

Discrepamos da proposta do goberno municipal. Ao noso entender, as beirarrúas son o espacio propio e natural para a circulación a pé, e non un lugar apropiado para circular as bicicletas con carácter xeral. Deben prevalecer os peatóns sobre os vehículos (ainda que estes sexan bicicletas), e por tanto, con carácter xeral, non se debe permitir a circulación de bicicletas polas beirarrúas, dado o perigo que esa circulación acarrearía ós peatóns (pénsese en alguén que sae polo portal da súa casa e é atropellado por un ciclista. ¿Estaremos obligados a mirar a dereita e esquerda ó saír da casa, por se acaso vén un ciclista pola acera?).

Por outra parte, a vaguedade da expresión “suficientemente amplas”, supón que unha sanción con base neste artigo infrinxiría alomenos os seguintes principios constitucionais:

  • O principio de tipicidade (art. 25.1 CE), principio estricto no ámbito penal (artigos 10 e 12 do Código Penal) concretado como principio de taxatividade, o que significa que as esixencias de seguridade xurídica reclaman unha determinación exacta dos actos e omisións punibles. O suposto de feito ten que estar estrictamente delimitado e coa máxima claridade, tal e como esixe a abundante xurisprudencia do Tribunal Constitucional, (STC 62/1982, de 15 de octubre; STC 13/2003, de 28 de xaneiro). Esta necesidade de tipos claros exténdese tamén ó dereito administrativo sancionador (STC 100/2003, de 2 de xuño).

  • O principio de seguridade xurídica (art. 9.3 CE).

  • O principio de interdicción da arbitrariedade dos poderes públicos (art. 9.3 CE).

Suprimir o apartado 5 deste artigo (“As bicicletas non poderán circular por vías urbanas nas que se permita unha velocidade superior aos 50 Km/h e carezan de beiravía”).

Existe unha contradicción co que a propia Ordenanza establece no artigo 11.1, que limita a velocidade a 50 Km/h en vías urbanas. Xa que logo, non existindo vías urbanas de competencia municipal nas que se permita unha velocidade superior a 50 km/h., carece de sentido o apartado 5.

Engadir un novo apartado 5, coa seguinte redacción:

De forma excepcional, e agás os casos de aglomeración de peatóns, as bicicletas poderán circular por beirarrúas que teñan alomenos tres metros de anchura, cuando non exista un paso alternativo, se respete a prioridade e a seguridade dos viandantes, e sempre pola parte máis próxima á calzada.

ARTIGO 11:

No segundo párrafo do artigo 11 (sobre a limitación da velocidade dos vehículos que circulen por núcleo urbano, a 10 km/h), suprimir “en rúas dun só carril ou de gran aglomeración de persoas”.

Ó respecto, entendemos que basta coa determinación legal (art. 19.1 do Texto Articulado da Lei sobre Tráfico, que obriga a todo conductor a adecuar a velocidade do seu vehículo ás características e estado da vía, do vehículo, da súa carga, das condiciones meteorolóxicas, ambientais e de circulación e, en xeral, cantas circunstancias concurran en cada momento, a fin de adecuar a velocidade do seu vehículo ás mesmas, de maneira que sempre poida detelo dentro dos límites do seu campo de visión e ante calquera obstáculo que poida presentarse).

Ademáis, a redacción que propón o goberno perxudicaría a fluidez do tráfico. Un exemplo: pensemos na principal vía de acceso a Carballo, rúa Vázquez de Parga, no tramo dende Dr. Fleming ó centro, rúa dun só carril. Tal e como propón o goberno, os vehículos que circulen por esa rúa (sempre e en todo momento) deberían circular a menos de 10 km/h. Esto provocaría retencións e atascos innecesarios, obligando ós conductores a circular a esa velocidade incluso cando as circunstancias do tráfico non o aconsellen ou permitan unha velocidade maior sen risco (por exemplo, de madrugada).

ARTIGO 13:

Incluir neste artigo un novo apartado 3, contemplando expresamente á prohibición dos “coches-discoteca” (conductores que circulan polas rúas cos altavoces dos seus equipos de música a volumen excesivo). Haberá de especificarse na Ordenanza o límite máximo de ruido permitido, medido en decibelios desde fóra do coche, e incluir a correspondente sanción no anexo como infracción leve.

Os apartados 3 e 4 pasarían a ser 4 e 5.

ARTIGO 23:

Cambiar a palabra “tomar” por “recoller”: “Os autobuses […] poderán deixar e recoller viaxeiros nas paradas…”

ARTIGO 25:

Non lle atopamos sentido á redacción do apartado b (sobre prohibicións de parada de vehículos):

b. En dobre fila, salvo que aínda quede libre un carril en rúas de sentido único de circulación e dúas en rúas en dous sentidos…”

ARTIGO 33:

(Relativo a prohibicións de estacionamento)

No apartado c), cambiar:

c) Nas zonas sinalizadas como de reserva para carga e descarga de mercancías, nos días e horas en que estea en vigor a reserva, excepto se se trata de vehículos de persoas con mobilidade reducida, debidamente identificados e polo tempo máximo de 60 minutos.”

Por:

c) Nas zonas sinalizadas como de reserva para carga e descarga de mercancías, nos días e horas en que estea en vigor a reserva, excepto se se trata de vehículos de persoas con mobilidade reducida, debidamente identificados e polo tempo máximo de 20 minutos, debendo deixar no vehículo un indicativo da hora de estacionamento”.

ARTIGO 47:

(Sobre zonas de carga e descarga)

Existe contradicción entre os artigos 47 (que prohibe en todo caso o estacionamento en zonas de carga e descarga) e 33 (que o permite nos casos de vehículos de persoas con mobilidade reducida). Debe correxirse esta incongruencia, para o que propoñemos cambiar a redacción do artigo 47 (“Non poderán permanecer estacionados nas zonas habilitadas para carga e descarga vehículos que non estean realizando dicta actividade”) por:

Non poderán permanecer estacionados nas zonas habilitadas para carga e descarga vehículos que non estean realizando dicta actividade, agás o establecido no artigo 33.c) en canto ós vehículos de persoas con mobilidade reducida.”

ARTIGO 50:

(Relativo á saída de vehículos en chafráns dos edificios e distancia mínima de cinco metros á esquina máis próxima)

Engadir ó final do artigo: “, salvo excepcións xustificadas técnicamente”.

ARTIGO 53:

Suprimir “de oficio” (“O expediente de concesión de autorización de entrada e saída de vehículos poderá iniciarse de oficio ou previa petición dos interesados….”)

Consideramos que a Administración non pode sustituir ós interesados, que o serán ou non segundo lles interese (outra cousa serían as posibles sancións por entradas e saídas de vehículos carecendo de autorización, pero esa é outra cuestión).

ARTIGO 55:

Modificar o seguinte párrafo:

Non será obligatorio, aínda que si recomendable, centrar a sinalización horizontal con respecto ó portal de acceso dos vehículos e sinalizarase tendo en conta o ancho, o tráfico e o sentido da vía”

Por: “Centrarase a sinalización horizontal con respecto ó portal de acceso dos vehículos e sinalizarase tendo en conta o ancho, o tráfico e o sentido da vía”

(Non lle vemos o sentido a posibilidade de colocar a sinalización horizontal fóra do lugar destinado á entrada e saída de vehículos).

ARTIGO 57:

Cambiar:

O Concello poderá suspender temporalmente, por razóns do tráfico, obras en vía pública ou outras circunstancias extraordinarias, os efectos da autorización de entrega e saída de vehículos”, por

O Concello poderá suspender ou limitar temporalmente, por razóns do tráfico, obras en vía pública ou outras circunstancias extraordinarias, os efectos da autorización de entrega e saída de vehículos, ofrecendo solucións alternativas e equivalentes ós titulares da autorización e usuarios afectados durante o tempo que dure a alteración.”

Con esta redacción, tratamos de evitar a inxustiza que se comete cos usuarios que, malia pagar a taxa correspondente polo vado, se ven privados periódicamente polo Concello de acceso aos seus garaxes ou locais, sin que a Administración lles ofreza ningunha solución alternativa (por exemplo: durante as festas de S. Xoán).

ARTIGO 63:

(Sobre a retirada de vehículos da vía pública)

Suprimir: “…ou cando se rebase o triple do tempo permitido establecido na Ordenanza reguladora do estacionamento de horario limitado na que se denomina zona azul”

É desproporcionado retirar un vehículo que, aínda que exceda do tempo máximo de estacionamento en zona azul, non está entorpecendo a circulación nin causando un perigo. O exceso de tempo só debe dar lugar a unha sanción, que debe graduarse en función do tempo de exceso (o que xa de por si ten efectos disuasorios), pero non debe implicar a retirada do vehículo, polos gastos e trastornos que esto ocasionará ó conductor.

ARTIGO 78:

Propoñemos que se reduzan as sancións. As sancións non deben ter unha intención recaudatoria, senón un efecto disuasorio, que se consigue igual con un menor importe.

Por tanto, propoñemos a modificación do apartado 2 do seguinte xeito:

Cambiar:

  1. Infraccións leves: multa de 100 euros.

  2. Infraccións graves: multa de 200 euros.

  3. Infraccións moi graves: multa de 500 euros.

Por:

  1. Infraccións leves: multa de 50 euros.

  2. Infraccións graves: multa de 100 euros.

  3. Infraccións moi graves: multa de 300 euros.

Carballo, 21 de xullo de 2010

Asdo: Alberto Sueiro Pastoriza


jueves, 15 de julio de 2010

O PARTIDO POPULAR DE CARBALLO DENUNCIA A FALTA DE APOYO POR PARTE DO GOBERNO Á FESTA DO FUTBOL DO PASADO DOMINGO

O pasado domingo toda España celebrou o mayor éxito logrado polo fútbol no noso país, nada máis e nada menos que o título mundial de Campeóns en seleccións nacionales.

Na mayoría de ciudades e concellos de España habilitaronse pantallas nas principais plazas para que todos os veciños e veciñas que o quixeran, poidesen celebrar xuntos un partido de fútbol que sin duda, e tendo en conta a situación pola que atravesamos os españoles, serviu para que todos estivesemos máis unidos que nunca.

Pois en Carballo, e despois de que durante toda a semana, centos de veciños e veciñas pediran ó noso goberno do BNG que instalase unha pantalla na plaza do Concello para que todos poideran reunirse para ver este gran evento, os nosos gobernantes do BNG, co seu líder Evencio Ferrero á cabeza, xunto co PSOE, membro deste destacado goberno, decidiron non ofrecer ós carballeses esta posibilidade de celebrar o título da selección española na plaza do noso Concello.

Desde o grupo municipal do Partido Popular, preguntámonos cáles son os motivos que levaron ó goberno a esta negativa:

  • ¿Non lle agradaba ó lider do BNG de Carballo, Evencio Ferrero e ós seus membros de goberno ver a plaza do concello teñida cos colores de España?

  • ¿Non era para eles este un evento histórico para o noso pais (España)?

  • ¿Non era este un partido para que todos os Carballeses e Carballesas ponderan disfrutar e ver en unha pantalla na plaza do Concello todos xuntos?

  • ¿Por qué non se fixo agora e se fixo en outras ocasións menos procedentes, con outros eventos de menor importancia, e en lugares que non procedía facelo?

Sen duda, é esta unha mostra máis da falta de criterio e decisión dos nosos gobernantes actuales.

O Partido Popular fará estas preguntas no próximo pleno, esperando a contestación a esta negativa por parte do Alcalde do BNG, Evencio Ferrero.

Partido Popular

Gabinete de Prensa