lunes, 8 de noviembre de 2010

O PP DE CARBALLO TEN PRESENTADO SUXERENCIAS PARA MELLORAR O PLIEGO DE CONTRATACION DA ESCOLA INFANTIL

Dentro do plazo legalmente establecido, o grupo municipal do PP de Carballo, unha vez publicado o pliego para a contratación da obra da escola infantil, ten presentado unha serie de suxerencias que persiguen mellorar o proceso de contratación e a execución das obras da nova escola infantil de Carballo.

Dentro de estas destaca o aumento do plazo para recibir ofertas en 13 días. O que se persigue é mellorar as posibilidades de recibir ofertas máis ventaxosas por parte do maior número de empresas. De este xeito evitaránse erros cometidos no pasado por obligar os ofertantes a facer unha oferta nun tempo moi limitado.

Tamén se propón incluir o criterio do fomento do emprego , para a selección do adxudicatario.Tendo en conta o volumen da obra a realizar, e imprescindible que dende a adminsitración local se potencie, nas súas obras, a creación de emprego entre os desempregados da nosa comarca. Este criterio debería ser adoptado polo concello de Carballo de xeito permanente en todos os procesos de contratación que inicie.

Proponse ademáis o establecemento de un mínimo de puntuación a acadar para evitar problemas futuros na execución material da obra, e que non se repitan episodios nos que por defectos na presentación de ofertas a adxudicación recaiu en empresas cuxas propostas técnicas eran claramente insuficientes. A fixación de un mínimo de puntuación elimina as ofertas pouco axeitadas.

A Continuación pode ver o pliego de alegacións.

Á XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DE CARBALLO

ALBERTO SUEIRO PASTORIZA, voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, ante a Xunta de Goberno Local comparezo e, como mellor proceda, digo:

O pasado día 25 de outubro foi publicado no Boletín Oficial da Provincia o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares (en adiante, PCAP) que rexerá a adxudicación da obra ”Escola Infantil, situación: parcela n.º 17, polígono n.º 9 do PXOM, Carballo” (OBR. 30/2010).

Dentro do período de exposición pública do PCAP, formulo as seguintes ALEGACIÓNS e SUXERENCIAS a fin de que se modifiquen varios aspectos do PCAP, con base nas consideracións que se expoñen de seguido:

I.- Evitar posibles confusións e dudas interpretativas en canto ó prazo de presentación de proposicións.

Na cláusula 11.1 do PCAP establécese que “las proposiciones para poder tomar parte en la licitación se presentarán en el lugar y plazo que se indican en los epígrafes 6 y 7 del CCC [cuadro de características del contrato], dentro del plazo de los veintiséis días naturales a contar del día siguiente al de publicación del anuncio en el BOP o perfil de contratante (Art. 143.2 LCSP)”. Este prazo parece contradecirse co que se establece no citado epígrafe 7 do CCC, que concede un prazo de presentación de proposicións de só trece días. Certo que a mesma cláusula, no párrafo segundo, establece que no suposto de que o expediente se declare de tramitación urxente o prazo de presentación de proposicións será de trece días naturais, pero non se aclara nesta cláusula se estamos nese caso, o que obriga a revisar todo o Prego para saber se nos atopamos nun procedemento de tramitación urxente ou ordinaria (cando o máis claro e sinxelo sería establecelo directamente na mesma cláusula 11). Esta redacción resulta farragosa e pode dar lugar a confusións, provocando que queden excluidos licitadores por presentar ofertas fóra de prazo, como xa ten ocorrido noutras ocasións.

En aras de facilitar unha maior concurrencia de licitadores (que redundará en mellores ofertas, prezos máis baixos e mellor calidade da obra), e para evitar interpretacións do PCAP que lesionen os dereitos dos interesados, entendemos que o prazo a aplicar debe ser o maior dos dous mínimos posibles, é decir, 26 días naturais. Supoñemos que, despois de sete anos que leva o goberno local prometendo a construcción dunha nova escola infantil, non será problema que o prazo de presentación de ofertas sexa de 26 días en lugar de 13. Por outra banda, este é o criterio xeral que contempla o artigo 143.2 da LCSP (citado na devandita cláusula do PCAP), cando sinala que “en los contratos de obras y de concesión de obras públicas, el plazo será, como mínimo, de veintiséis días”, co que a remisión do PCAP a este precepto ven a reforzar o argumento.

Por consiguiente, propoñemos que se modifique o Prego de Cláusulas no sentido de que o prazo de presentación de ofertas sexa o mínimo do procedemento de tramitación ordinaria (vinteséis días naturais), modificando tamén os restantes prazos do PCAP que non se acomoden á tramitación ordinaria do expediente de contratación.

II.- Carencia de xustificación dos criterios de adxudicación do contrato.

O artigo 93.4 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, ordena que no expediente de contratación se xustifiquen os criterios que se terán en conta para adxudicar o contrato.

Neste caso, na providencia de inicio do expediente de contratación, suscrita polo concelleiro delegado de contratación D. José Antonio Viña Patiño en data 7-10-2010, únicamente se indican os criterios de adxudicación (divididos en tres apartados: proposta económica [40%], reducción de prazos [10%] e plan de execución da obra [50%]), pero non se xustifica en modo algún o porqué de adoitar eses criterios e non outros, nin o peso relativo de cada un deles na puntuación global.

Esa ausencia de xustificación no expediente tamén é posta de manifesto polo Secretario Municipal no seu informe de data 8-10-2010.

En consecuencia, o expediente de contratación adolece deste defecto, que, por imperativo legal, debe ser correxido con carácter previo á aprobación do PCAP, xustificando os criterios que se propoñan neste, pois só coñecendo de antemán o razonamento acerca dos criterios utilizados se poderá impugnar fundadamente o PCAP. Doutro xeito, produciríase indefensión.

III.- Introducción do criterio de fomento do emprego.

Hai poucos días, a prensa publicaba os datos de emprego do pasado mes de outubro, destacando a forte subida do desemprego na Costa da Morte, que rexistraba 404 novos parados, 43 deles só en Carballo.

Consideramos que a Administración municipal pode e debe facer moito máis na loita contra o desemprego en Carballo. Nomeadamente, o goberno local pode e debe introducir na maioría dos Pregos de Cláusulas que rixen os procedementos de contratación de obras, principalmente nas de maior importe de licitación, o criterio do impacto da obra na creación de emprego como un dos aspectos a valorar para a adxudicación. Lamentablemente, e salvo o imperativo legal esixido polas obras do FEIL e do FEESL, o goberno local nunca considerou a creación de emprego como un dos factores a valorar, e esta obra non constitúe unha excepción.

Neste caso estamos a falar dun proxecto valorado en 845.328,40 euros, cantidade importante que xustifica que se valoren criterios de xeración de emprego. Xa que logo, propoñemos que o Concello teña en conta, como criterio de adxudicación para a valoración das ofertas, indicadores relevantes da medida en que o contrato de obra contribuirá ó fomento do emprego, introducindo no Prego de Condicións as modificacións que sexan pertinentes a tal fin, tales como o número de traballadores que se van a empregar na obra e o número de xornadas de traballo, primando o maior número.

IV.- Establecemento dun umbral mínimo de puntuación.

Para garantir a calidade da oferta que resulte adxudictaria, o PCAP deberá establecer un umbral mínimo de puntuación no apartado do plan de execución da obra, de xeito que sexan excluidos os licitadores que non acaden esa puntuación mínima. Non valoramos qué puntuación debe ser a mínima, pois consideramos que lle corresponde ós técnicos municipais establecela, para ser incluida no PCAP previo informe destes.

Por todo o exposto,

SOLICITO Á XUNTA DE GOBERNO LOCAL que teña por formuladas as alegacións e suxerencias que anteceden e, en virtude das mesmas, acorde incorporar ó PCAP as alegacións e os criterios contidos neste escrito.

Carballo, a 5 de novembro de 2010.