martes, 8 de marzo de 2011

Máis mentiras do goberno de Evencio

O goberno municipal trata de salir dunha mentira con outra

Carballo, martes, 8 de marzo de 2011.- Produce estupor comprobar a pouca consideración en que o goberno carballés ten ós seus conveciños. Debe pensar que somos parvos, pois só así se explica que pretenda ocultar unha mentira con outra. Este goberno non está ó nivel que os carballeses merecen. Xa non se trata só de incompetencia, senón de algo moito máis grave: o goberno minte ós cidadáns sin rubor nin remordimento.

Así sucede no caso dos vehículos cedidos pola DXT no seu día para mellorar a seguridade, que siguen agochados nunha nave municipal dende hai un ano. En lugar de dar explicacións e asumir responsabilidades sobre ese abandono, o goberno municipal dedícase a lanzar lixo ós que descubren as súas maniobras de ocultación, empeorando a súa mentira con outra máis gorda.

Hai un ano, o goberno presentou eses vehículos anunciando que con eles se melloraría a seguridade e que a policía carballesa disporía deses vehículos “de xeito permanente”. Agora xa sabemos o que significa “permanente”: que os coches estarían durante todo un ano “permanentemente” aparcados nunha nave, sen ningún tipo de uso. Xa que logo, non é certo que a Policía local utilizara eses vehículos en todo ano (non hai ningún parte de uso deses vehículos, nin foron vistos durante este ano cumplindo algunha función). Tamén é rotundamente falso que eses vehículos se prestaran a outros concellos, como dixo o concelleiro para tratar de enmascarar a “desaparición” deses automóviles da circulación. De ser así, o concelleiro poderíao demostrar co documento de cesión temporal a eses concellos. Pero nin existe tal documento, nin existiu nunca esa falsa cesión.

Denunciamos a demagoxia barata do goberno, cando acusa ó PP de querer “cazar” ós conductores. Non, señor concelleiro. Os únicos que van de caza parecen ser vostedes. Humildemente, o único que pide o PP é que se utilicen os recursos públicos dispoñibles para o servizo de todos, porque foron adquiridos cos cartos de todos e a todos nos costa ganar o noso pan (salvo a vostedes, polo que se ve). Se o goberno mellor pagado da historia non sabe ou non quere utilizar os medios que tén á súa disposición, mellor que se bote a un lado e lle deixe a responsabilidade a outros.

Neste caso, é evidente que eses vehículos servirían para mellorar a seguridade, que ten moito que mellorar en Carballo. Por exemplo, poderían utilizarse para vixiar determinadas carreteras e pistas de acceso e saída de Carballo que están sendo utilizadas para facer "carreiras" ilegais, e onde hai queixas de veciños pola velocidade temeraria á que circulan determinados vehículos. Pero o goberno local nunca dou ningunha orde nin tivo plans de uso de ese material para esa función nin para ningunha outra. Os controis de alcoholemia e radar efectuados o ano pasado, aos que alude o concelleiro cando pretende confundir (tomándonos outra vez por parvos), non foron realizados por eses vehículos, senón pola Garda Civil.

Volvemos a insistir: se o goberno ten algúnha proba do que afirma, debera probalo con documentos. A súa credibilidade está baixo mínimos. Convénzanse: unha mentira, por repetila e incluso cambiala moitas veces, nunca chega a facerse verdade

domingo, 6 de marzo de 2011

O CONCELLO NON UTILIZA OS VEHICULOS POLICIAIS

O PP DENUNCIA QUE O CONCELLO NON UTILIZA OS VEHICULOS POLICIAIS CEDIDOS POLA DXT HAI UN ANO.

Os vehículos adaptados para usos policiais permanecen gardados co resto dos vehículos inmovilizados pola policia local sen cumplir ningunha función.


Carballo, 5 de marzo 2011.- Dende hai un ano, cando o goberno municipal fixo propaganda da súa cesión, os coches especialmente adaptados para usos policiais de control e vixiancia do tráfico e a seguridade vial, non realizan ningunha das funcións para as que están especialmente adaptados.

Despois de coñecer as dificultades que tiveron os coches da policia local para superar as correspondentes inspeccións da ITV, polo seu deficiente estado de mantemento, agora descúbrese que o material cedido pola DXT non se utiliza pola desidia e incompetencia do goberno municipal.

A infrautilización dos recursos humanos e os medios materiais é unha das razóns que explica a situación de deterioro da seguridade no concello de Carballo,e o malestar dos membros da policia local cos séus responables políticos.

O goberno municipal, eludindo a súa responsabilidade, enganou os carballeses cando afirmaron que os vehículos estaban sendo prestados a outros concellos para que os utilizaran. A realidade e que non están en funcionamento e permanecen agochados nunha nave municipal .

Dende o PP de Carballo, reclámanse as oportunas explicacións e responsabildades por esta situación totalmente inxustificable , cando é mais que evidente que a posta en funcionamento de este tipo de medios de control mellorarían a seguridade vial e o control nas vías públicas do noso concello.

viernes, 4 de marzo de 2011

EVENCIO, ¡MENOS OPTIMISMO E MAIS REALISMO!

A realidade desminte tódolos días as valoracións optimistas do goberno.

O PP RECLAMA DO ALCALDE MENOS OPTIMISMO E MAIS REALISMO E ACTUACIONS CONCRETAS NA SEGURIDAD CIDADAN.

Carballo. 4 marzo 2011.- A concelleira Marga Varela, representante do PP de Carballo na comisión municipal de seguridade, ven de facer unhas declaracións nas que puxo de manifesto que cada día a realidade de Carballo desminte o balanzo positivo e optimista que sobre a seguridade cidadán no noso concello fixo o goberno carballés.

De novo os ataques continuados e repetidos en instalacións públicas, os danos as propiedades privadas, as pelexas na rúa e os pequenos roubos a persoas e locais están a orde do día sen que se aprecie un cambio de actitude dende o goberno ou o alcalde de carballo, que continúa a observar toda esta situación sen tomar ningunha medida para enfrontar esta preocupante inseguridade entre os cidadáns.

A seguridade cidadán e unha responsabilidade compartida por todos e o conxunto da sociedad debe colaborar e mellorar esta situación, pero as responsabilidades políticas tenas o goberno que en 8 anos non fixo nada para atallar os problemas que agora se acumulan: nin acometeu a necesaria reordenación do cadro de mandos, nin fixeron nada para acadar a rátio recomendada de 1 policía por cada 1.000 hbts, incumpriron os compromisos en materia laboral cos axentes e na actualidade en vez de estar traballando todos xuntos para mellorar a vixiáncia e a seguridade en Carballo, están enfrontados nos tribunais por cuestións laborais.

A concelleira dixo que independente das causas externas , a mala xestión do departamento de Policía ven a agravar esta situación, por canto temos un responsable político na fase final do seu mandato, que xa non ten ningunha autoridade nin iniciativa para enfrontarse ao problema namentras o alcalde non toma as rendas desa delegación e continúa coa propaganda e a falla de decisións.

miércoles, 23 de febrero de 2011

Ó SR. ALCALDE DO CONCELLO DE CARBALLO

JUAN CARLOS CASTRO POMBO, concelleiro do grupo municipal do Partido Popular, ante Vde. comparezo e digo:
Que, por precisalo para o desenvolvemento da miña función como concelleiro desta Corporación municipal, ó amparo do artigo 14 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de noviembre, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamiento e réximen xurídico das Entidades locais,

Reitero a solicitude de que me sexa entregada copia da liquidación, se existe, dos Presupostos Municipais correspondentes ó exercicio 2010.

Carballo, 23 de febreiro de 2011.

Moción sobre os presupostos 2011

Ó PLENO DO CONCELLO DE CARBALLO


JUAN CARLOS CASTRO POMBO, voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, ó abeiro do disposto nos artigos 91 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presento a seguinte MOCION instando ó goberno á presentación dos Presupostos para o ano 2011:

Exposición de Motivos:

A Lei de Facendas Locais (Real Decreto Lexislativo 2/2004) obriga ó alcalde a remitir ó Pleno os presupostos do ano seguiente antes do 15 de outubro de cada ano (artigo 168.4), de xeito que, tras a publicación e resolución de alegacións, sexan aprobados definitivamente antes do 31 de decembro do ano anterior ó exercicio no que deban aplicarse (artigo 169.2).

Ante a presión do grupo municipal do PP para que o alcalde cumplira coas obrigas legais, o día 13 de xaneiro de 2011 o Sr. Ferrero comprometeuse pública e expresamente a que o borrador dos Presupostos para 2011 “estea este mes [xaneiro] a disposición dos grupos municipais para o seu debate”. Pasado o mes de xaneiro que o propio alcalde se daba como prazo, vai rematar febreiro e seguimos sin borrador nin presupostos.

Unha vez máis, o alcalde incumple a súa palabra, sin ningún tipo de explicación da súa incapacidade, nin causa que xustifique a demora na presentación das contas, posto que ten a maioría suficiente para aprobalas no Pleno.

A explicación desta demora debe buscarse en que, tras oito anos de goberno de Evencio Ferrero en Carballo, a pésima situación económica do Concello impide cadrar as contas. Proba desta situación é que, por primeira vez na historia do Concello, o resultado presupostario do ano 2009 foi negativo. E á vista da nefasta xestión económica do goberno municipal, moito nos tememos que “consiga” repetir o mesmo resultado negativo na liquidación dos presupostos de 2010.

Esta situación económica, por moito que o alcalde queira vendernos, non ten que ver coa crise, posto que xa pasamos antes por crises semellantes ou peores, que se superaron sin déficit das arcas públicas municipais, gracias a unha boa xestión dos recursos disponibles por parte de gobernos responsables. Neste caso, o resultado económico das contas, mal que lles pese, débese ó “mérito” exclusivo do goberno municipal, pola súa xestión irresponsable do diñeiro de todos.

Por todo o exposto, o grupo municipal do PP de Carballo propón que o pleno da corporación adopte o seguinte ACORDO:

O pleno da corporación municipal insta ó grupo de goberno a que, á maior brevidade, presente ós distintos grupos municipais a proposta de Presupostos municipais para o ano 2011, para o seu debate no próximo pleno que se celebre no mes de marzo.

Carballo, 23 de febrero de 2011.

lunes, 21 de febrero de 2011

Evencio falsea a realidade unha vez máis

Con motivo da defensa que no día de onte facía o alcalde de Carballo Evencio Ferrero, da política deportiva municipal, e en contestación ós puntos dos que facía referencia, queremos decir:












  • Acusa o alcalde do BNG que o PP falsea a realidade, pois unha vez máis queremos decir que Evencio é quen falsea a realidade, porque non explica o gasto real do deporte en Carballo, sólo chegou a dar o gasto que se fai dende o Padroado, pero non explica o gasto para os carballeses a través do Concello, con convenios feitos ó criterio do Alcalde.


  • Explica que existen entidades que constitúen exemplo nas actividades non só provincial senon a nivel galego, pero o que non aclara é que non hay convenios firmados con todas elas, senon coas que o alcalde elixe baixo o seu único criterio.


  • En canto a comparativa de números con respecto ó ano 2003, decir que o alcalde debe recordar que dende entonces pasaron xa 8 anos, gobernados polo BNG, en donde durante 3 foi o propio alcalde quen asumiu a concellería de deportes, pero en todos estos anos non foi quen de presentar un balance claro e positivo de deporte, senon todo o contrario, un despilfarro que na piscina Vila de Noia con casi 1 millon de euros gastados por encima do presuposto inicial, unha recuperación do circuito de velocidade con graves perjuicios para os carballeses, donde lle perdonou unha indemnización de casi 300.000 euros a unha empresa por incumplir un contrato, unha inversión en paneles solares na piscina Carballo Calero e que a dia de hoxe non conseguiron rebaixar o custe de energía da misma, e tamén cabe recordar a sustitución do cespede artificial no campo de fútbol das eiroas, no que se mellorou a superficie pero está impracticable en dias de choiva. E como non, recordar que dende fai 4 anos un sobrecoste añadido no deporte, un concelleiro de deportes con adicación exclusiva por primeira vez na historia de Carballo.


  • Creemos que o Alcalde debe explicar cómo se vai a alixeirar a lista de espera para cursos nas nosas piscinas, el algúns casos de uns 18 meses, ou cal foi o coste final da reforma da piscina Vila de Noia, ou se vai a solucionar o problema da superficie do campo de fútbol das Eiroas, ou se vai a facer un reparto xusto e claro nas subvencións en deporte, etc.


E por último, non entendemos que non sexa a propia concellería de deportes a que publique a súa opinión sobre a política deportiva municipal, e sexa o alcalde quen publique. ¿Cal é a labor do concelleiro de deportes no noso concello? ¿Non ten nada que decir a este respecto o concelleiro? ¿Con qué labor se xustifica esta concellería con un custo de máis de 20.000 euros para os carballeses cada ano?.

miércoles, 26 de enero de 2011

O PP DE CARBALLO RECORDA...

O PP DE CARBALLO RECORDA QUE O UNICO QUE PACTA CON QUE SEXA PARA CONSEGUIR A ALCALDIA É O BNG, COMO XA TEN FEITO NO PASADO

Carballo, 26 de xaneiro de 2011.- O PP de Carballo, lémbralle o alcalde, que, a diferenza con el, no pasado renunciamos a facer pactos interesados, escollendo a honra sen alcaldía, antes que unha alcaldía a calqueira prezo.
O Túnel da rúa Coruña é a demostración permanente do que tiveron que pagar tódolos carballeses polos pactos cos que o Evencio Ferrero acadou a alcaldía de Carballo.
O PP pídelle o alcalde que si o que lle está a ofrecer os carballeses o BNG e un goberno co PSOE, outro novo bipartito, que se presenten xuntos e non enganen os carballeses. Evencio debe aclarar antes das eleccións en qué condicións vai pactar e canto lle van a costar os seus pactos os veciños de Carballo.
Os carballeses saben que os seus pactos sempre se fixeron utilizando os recursos públicos. Os apoios para o BNG sempre se ganaron, poñendo os seus tenentes de alcalde coma os concelleiros mellor pagados da corporación
Dende o PP de Carballo non temos ningunha dúbida que Ferrero volverá a pactar con quén faga falla para seguir amarrado o sillón de alcalde, e a súa traxectoria así o confirma.
O mesmo que en Galicia, o PP de Carballo, o únicos pactos que fará serán cos carballeses, coa austeridade, coa boa xestión e co compromiso de gobernar de xeito responsable contando sempre a verdade os veciños.
Os carballeses non van decidir entre esquerdas e dereitas como pensa Ferrero senón entre pasado e futuro.O modelo do goberno de socialistas e nacionalistas , o de Ferrero = Zapatero, xa ten demostrado que non aporta mais que deficit, despilfarro e paro.
Os carballeses saben que o que terán que decidir é si van seguir apoiando gobernos bipartitos responsables da peor crise da nosa historia, ou si se decidiran polos gobernos da boa xestión económica, da austeridade e da creación de emprego.