miércoles, 17 de septiembre de 2008

Plan director de estradas de Galicia



O portavoz municipal do Partido Popular, Alberto Sueiro, presentará unha moción para ser dabatida no próximo pleno da corporación municipal, sobre a Presentación de alegacións ao Plan director de estradas de Galicia.
A continuación, para que esté ó alcance de todos os cidadáns dende este blog, pasamos a relatar a exposición de motivos.

* O Plan director de estradas de Galicia, que diseña os futuros investimentos en infraestructura viaria para os vindeiros 12 anos ,non contempla unha conexión entre Santiago e Carballo acorde a relevancia que temos no conxunto galego, consolidando o aillamento do noso concello ao respecto da capital da Comunidade Autónoma, unha das mais grandes áreas de influencia de Galicia.

* E inaceptable que a conexión Carballo-Santiago non se inclúa na rede de altas prestacións, e non figure dentro da rede de articulación territorial principal, quedándo relegada a rede complementaria a categoria mais baixa do plan o que constitue un claro agravio comparativo.

* E evidente que existe un trato moi desfavorable a nosa cidade, a 10ª de Galicia, ao non incluirnos nas actuacións de conexión dos sistemas interurbanos intermedios, como sí acontece por exemplo con Monforte, Lalín, Celanova, As Pontes, Gondomar ou Padrón.

* O PP, consciente da importante desventaxe a que se condena aos cidadans e as empresas carballesas nos vindeiros 20 anos, esixe do goberno municipal que actúe, dentro de plazo legal de dous meses , presentando as correspondentes alegacións a este plan para que a interconexión do noso concello co conxunto das áreas de influlencia que nos rodean esté acorde a verdadeira situación e reclamando o mesmo trato que se dá a outras poboacións de menor importancia, tanto por número de habitantes,como por censo industrial e comercial ou por actividade económica.

Polo que se presenta a seguinte moción:
O pleno da corporación municipal de Carballo acorda:

Que o Goberno municipal de Carballo elabore e presente ante a Consellería de Politica Territorial Obras Públicas e Transportes, as oportunas alegacións o Plan director de Estradas de Galicia 2010-2020 para que se modifique, incorporando a conexión Carballo-Santiago de Compostela dentro da Rede Galega de Altas Prestacións.

No hay comentarios: