lunes, 1 de diciembre de 2008

O Tribunal Superior de Xusticia volve a da-la razón ó PP de Carballo e confirma a anulación da plaza de Asesor Urbanístico

+ Confirma a anulación do proceso de selección dunha plaza de Asesor urbanístico, desestimando o recurso interposto polo Concello de Carballo


+ Evencio Ferrero xa ten o dubidoso honor de ser o alcalde con mais condenas en materia de selección de persoal



Carballo, 28 de novembro.- O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en sentencia dictada o pasado 19 de novembro, ven de confirmar a sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 da Coruña, anulando as bases da plaza de asesor urbanístico do Concello de Carballo.


A sentencia confirma a posición do PP de Carballo, que tras solicitar públicamente e no Pleno da corporación a anulación da convocatoria polas graves irregularidades existentes, viuse obligado a recurrir aos tribunais ante a soberbia e a falta de atención do goberno municipal, empecinado no erro e sin voluntade de rectificar.


A sentencia considera ilegais as bases aprobadas polo alcalde, "sobre todo a la vista de los méritos da fase de concurso, lo cual resulta contrario a los principios de igualdad, mérito y capacidad. […] En definitiva, es ilegal la opción por el sistema de concurso oposición para la selección de la plaza impugnada". A resolución do TSXG confirma a sentencia de instancia, impoñendo ó Concello todas as costas de primeira instancia e máis da apelación, polo que o Concello, ademáis dos gastos propios de abogado e procurador, terá que pagar tamén ós profesionais que defenderon e representaron ó Partido Popular.


Lonxe de rectificar neste caso, coa sua actitude teimuda contra a decisión do Xulgado, o alcalde só conseguiu encarecer máis os gastos de asistencia xurídica, pleiteando a costa dos carballeses. Preguntámonos: devolverá do seu peto ás arcas municipais os cartos que lle costou o pleito ó Concello pola súa contumacia?


A actitude do alcalde neste caso, de seguir recurrindo ós tribunais a pesares de ter sentencias en contra, choca frontalmente coa mantida noutros casos recentes, como o do circuito do motor de Bértoa, no que Ferrero decidiu plegarse ós intereses particulares dun contratista incumplidor perdoándolle máis de 300.000 euros en prexuízo público, a pesares de que os informes xurídicos nese caso si aconsellaban que o Concello acudise ós tribunais.



Evencio Ferrero, nos 5 anos que leva exercendo, é o alcalde que mais sentencias en contra acumula en procesos de selección de persoal, e o único na historia de Carballo ó que lle anularon as bases dun proceso selectivo, o cal fala as claras da falla de criterio, rigor e favoritismo que existe nestes procesos no Concello de Carballo baixo o mandato deste goberno.

No hay comentarios: