viernes, 23 de julio de 2010

ENMENDAS ( para o seu debate na Comisión Informativa )

ENMENDAS QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR

Á ORDENANZA XERAL MUNICIPAL SOBRE TRÁFICO, CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS A MOTOR E SEGURIDADE VIAL

DO CONCELLO DE CARBALLO,

para o seu debate na Comisión Informativa:

ARTIGO 10:

Suprimir a frase: “as beirarrúas suficientemente amplas”.

Discrepamos da proposta do goberno municipal. Ao noso entender, as beirarrúas son o espacio propio e natural para a circulación a pé, e non un lugar apropiado para circular as bicicletas con carácter xeral. Deben prevalecer os peatóns sobre os vehículos (ainda que estes sexan bicicletas), e por tanto, con carácter xeral, non se debe permitir a circulación de bicicletas polas beirarrúas, dado o perigo que esa circulación acarrearía ós peatóns (pénsese en alguén que sae polo portal da súa casa e é atropellado por un ciclista. ¿Estaremos obligados a mirar a dereita e esquerda ó saír da casa, por se acaso vén un ciclista pola acera?).

Por outra parte, a vaguedade da expresión “suficientemente amplas”, supón que unha sanción con base neste artigo infrinxiría alomenos os seguintes principios constitucionais:

  • O principio de tipicidade (art. 25.1 CE), principio estricto no ámbito penal (artigos 10 e 12 do Código Penal) concretado como principio de taxatividade, o que significa que as esixencias de seguridade xurídica reclaman unha determinación exacta dos actos e omisións punibles. O suposto de feito ten que estar estrictamente delimitado e coa máxima claridade, tal e como esixe a abundante xurisprudencia do Tribunal Constitucional, (STC 62/1982, de 15 de octubre; STC 13/2003, de 28 de xaneiro). Esta necesidade de tipos claros exténdese tamén ó dereito administrativo sancionador (STC 100/2003, de 2 de xuño).

  • O principio de seguridade xurídica (art. 9.3 CE).

  • O principio de interdicción da arbitrariedade dos poderes públicos (art. 9.3 CE).

Suprimir o apartado 5 deste artigo (“As bicicletas non poderán circular por vías urbanas nas que se permita unha velocidade superior aos 50 Km/h e carezan de beiravía”).

Existe unha contradicción co que a propia Ordenanza establece no artigo 11.1, que limita a velocidade a 50 Km/h en vías urbanas. Xa que logo, non existindo vías urbanas de competencia municipal nas que se permita unha velocidade superior a 50 km/h., carece de sentido o apartado 5.

Engadir un novo apartado 5, coa seguinte redacción:

De forma excepcional, e agás os casos de aglomeración de peatóns, as bicicletas poderán circular por beirarrúas que teñan alomenos tres metros de anchura, cuando non exista un paso alternativo, se respete a prioridade e a seguridade dos viandantes, e sempre pola parte máis próxima á calzada.

ARTIGO 11:

No segundo párrafo do artigo 11 (sobre a limitación da velocidade dos vehículos que circulen por núcleo urbano, a 10 km/h), suprimir “en rúas dun só carril ou de gran aglomeración de persoas”.

Ó respecto, entendemos que basta coa determinación legal (art. 19.1 do Texto Articulado da Lei sobre Tráfico, que obriga a todo conductor a adecuar a velocidade do seu vehículo ás características e estado da vía, do vehículo, da súa carga, das condiciones meteorolóxicas, ambientais e de circulación e, en xeral, cantas circunstancias concurran en cada momento, a fin de adecuar a velocidade do seu vehículo ás mesmas, de maneira que sempre poida detelo dentro dos límites do seu campo de visión e ante calquera obstáculo que poida presentarse).

Ademáis, a redacción que propón o goberno perxudicaría a fluidez do tráfico. Un exemplo: pensemos na principal vía de acceso a Carballo, rúa Vázquez de Parga, no tramo dende Dr. Fleming ó centro, rúa dun só carril. Tal e como propón o goberno, os vehículos que circulen por esa rúa (sempre e en todo momento) deberían circular a menos de 10 km/h. Esto provocaría retencións e atascos innecesarios, obligando ós conductores a circular a esa velocidade incluso cando as circunstancias do tráfico non o aconsellen ou permitan unha velocidade maior sen risco (por exemplo, de madrugada).

ARTIGO 13:

Incluir neste artigo un novo apartado 3, contemplando expresamente á prohibición dos “coches-discoteca” (conductores que circulan polas rúas cos altavoces dos seus equipos de música a volumen excesivo). Haberá de especificarse na Ordenanza o límite máximo de ruido permitido, medido en decibelios desde fóra do coche, e incluir a correspondente sanción no anexo como infracción leve.

Os apartados 3 e 4 pasarían a ser 4 e 5.

ARTIGO 23:

Cambiar a palabra “tomar” por “recoller”: “Os autobuses […] poderán deixar e recoller viaxeiros nas paradas…”

ARTIGO 25:

Non lle atopamos sentido á redacción do apartado b (sobre prohibicións de parada de vehículos):

b. En dobre fila, salvo que aínda quede libre un carril en rúas de sentido único de circulación e dúas en rúas en dous sentidos…”

ARTIGO 33:

(Relativo a prohibicións de estacionamento)

No apartado c), cambiar:

c) Nas zonas sinalizadas como de reserva para carga e descarga de mercancías, nos días e horas en que estea en vigor a reserva, excepto se se trata de vehículos de persoas con mobilidade reducida, debidamente identificados e polo tempo máximo de 60 minutos.”

Por:

c) Nas zonas sinalizadas como de reserva para carga e descarga de mercancías, nos días e horas en que estea en vigor a reserva, excepto se se trata de vehículos de persoas con mobilidade reducida, debidamente identificados e polo tempo máximo de 20 minutos, debendo deixar no vehículo un indicativo da hora de estacionamento”.

ARTIGO 47:

(Sobre zonas de carga e descarga)

Existe contradicción entre os artigos 47 (que prohibe en todo caso o estacionamento en zonas de carga e descarga) e 33 (que o permite nos casos de vehículos de persoas con mobilidade reducida). Debe correxirse esta incongruencia, para o que propoñemos cambiar a redacción do artigo 47 (“Non poderán permanecer estacionados nas zonas habilitadas para carga e descarga vehículos que non estean realizando dicta actividade”) por:

Non poderán permanecer estacionados nas zonas habilitadas para carga e descarga vehículos que non estean realizando dicta actividade, agás o establecido no artigo 33.c) en canto ós vehículos de persoas con mobilidade reducida.”

ARTIGO 50:

(Relativo á saída de vehículos en chafráns dos edificios e distancia mínima de cinco metros á esquina máis próxima)

Engadir ó final do artigo: “, salvo excepcións xustificadas técnicamente”.

ARTIGO 53:

Suprimir “de oficio” (“O expediente de concesión de autorización de entrada e saída de vehículos poderá iniciarse de oficio ou previa petición dos interesados….”)

Consideramos que a Administración non pode sustituir ós interesados, que o serán ou non segundo lles interese (outra cousa serían as posibles sancións por entradas e saídas de vehículos carecendo de autorización, pero esa é outra cuestión).

ARTIGO 55:

Modificar o seguinte párrafo:

Non será obligatorio, aínda que si recomendable, centrar a sinalización horizontal con respecto ó portal de acceso dos vehículos e sinalizarase tendo en conta o ancho, o tráfico e o sentido da vía”

Por: “Centrarase a sinalización horizontal con respecto ó portal de acceso dos vehículos e sinalizarase tendo en conta o ancho, o tráfico e o sentido da vía”

(Non lle vemos o sentido a posibilidade de colocar a sinalización horizontal fóra do lugar destinado á entrada e saída de vehículos).

ARTIGO 57:

Cambiar:

O Concello poderá suspender temporalmente, por razóns do tráfico, obras en vía pública ou outras circunstancias extraordinarias, os efectos da autorización de entrega e saída de vehículos”, por

O Concello poderá suspender ou limitar temporalmente, por razóns do tráfico, obras en vía pública ou outras circunstancias extraordinarias, os efectos da autorización de entrega e saída de vehículos, ofrecendo solucións alternativas e equivalentes ós titulares da autorización e usuarios afectados durante o tempo que dure a alteración.”

Con esta redacción, tratamos de evitar a inxustiza que se comete cos usuarios que, malia pagar a taxa correspondente polo vado, se ven privados periódicamente polo Concello de acceso aos seus garaxes ou locais, sin que a Administración lles ofreza ningunha solución alternativa (por exemplo: durante as festas de S. Xoán).

ARTIGO 63:

(Sobre a retirada de vehículos da vía pública)

Suprimir: “…ou cando se rebase o triple do tempo permitido establecido na Ordenanza reguladora do estacionamento de horario limitado na que se denomina zona azul”

É desproporcionado retirar un vehículo que, aínda que exceda do tempo máximo de estacionamento en zona azul, non está entorpecendo a circulación nin causando un perigo. O exceso de tempo só debe dar lugar a unha sanción, que debe graduarse en función do tempo de exceso (o que xa de por si ten efectos disuasorios), pero non debe implicar a retirada do vehículo, polos gastos e trastornos que esto ocasionará ó conductor.

ARTIGO 78:

Propoñemos que se reduzan as sancións. As sancións non deben ter unha intención recaudatoria, senón un efecto disuasorio, que se consigue igual con un menor importe.

Por tanto, propoñemos a modificación do apartado 2 do seguinte xeito:

Cambiar:

  1. Infraccións leves: multa de 100 euros.

  2. Infraccións graves: multa de 200 euros.

  3. Infraccións moi graves: multa de 500 euros.

Por:

  1. Infraccións leves: multa de 50 euros.

  2. Infraccións graves: multa de 100 euros.

  3. Infraccións moi graves: multa de 300 euros.

Carballo, 21 de xullo de 2010

Asdo: Alberto Sueiro Pastoriza


No hay comentarios: