Na mañá de onte Lunes día 18, o Partido Popular é informado por parte de varios veciños de Paradela, na parroquia de Sofan, de que en esta zona se estaban a iniciar obras de instalación dunha antena de telefonía móvil, e que dado a pouca distancia que a separan das casas non é do seu agrado esta instalación. O concelleiro deste grupo do PP Ricardo Serrano estivo na Oficina Tecnica do Concello donde lle informan que unha empresa de telefonía tiña solicitada esta licencia, pero que ainda está en estudio e non lle foi concedida, polo que non podían iniciar as obras ata que o Concello se pronunciase. O concelleiro de Urbanismo foi informado deste tema por parte do concelleiro do PP Ricardo Serrano, José Antonio Viña contesta que darán orden de paralización das obras. A dia de hoxe comprobamos que a empresa constructora continua coas obras.
Un saludo
Partido Popular de Carballo - Gabinete de Prensa
No hay comentarios:
Publicar un comentario