Acusa o alcalde do BNG que o PP falsea a realidade, pois unha vez máis queremos decir que Evencio é quen falsea a realidade, porque non explica o gasto real do deporte en Carballo, sólo chegou a dar o gasto que se fai dende o Padroado, pero non explica o gasto para os carballeses a través do Concello, con convenios feitos ó criterio do Alcalde.
Explica que existen entidades que constitúen exemplo nas actividades non só provincial senon a nivel galego, pero o que non aclara é que non hay convenios firmados con todas elas, senon coas que o alcalde elixe baixo o seu único criterio.
En canto a comparativa de números con respecto ó ano 2003, decir que o alcalde debe recordar que dende entonces pasaron xa 8 anos, gobernados polo BNG, en donde durante 3 foi o propio alcalde quen asumiu a concellería de deportes, pero en todos estos anos non foi quen de presentar un balance claro e positivo de deporte, senon todo o contrario, un despilfarro que na piscina Vila de Noia con casi 1 millon de euros gastados por encima do presuposto inicial, unha recuperación do circuito de velocidade con graves perjuicios para os carballeses, donde lle perdonou unha indemnización de casi 300.000 euros a unha empresa por incumplir un contrato, unha inversión en paneles solares na piscina Carballo Calero e que a dia de hoxe non conseguiron rebaixar o custe de energía da misma, e tamén cabe recordar a sustitución do cespede artificial no campo de fútbol das eiroas, no que se mellorou a superficie pero está impracticable en dias de choiva. E como non, recordar que dende fai 4 anos un sobrecoste añadido no deporte, un concelleiro de deportes con adicación exclusiva por primeira vez na historia de Carballo.
Creemos que o Alcalde debe explicar cómo se vai a alixeirar a lista de espera para cursos nas nosas piscinas, el algúns casos de uns 18 meses, ou cal foi o coste final da reforma da piscina Vila de Noia, ou se vai a solucionar o problema da superficie do campo de fútbol das Eiroas, ou se vai a facer un reparto xusto e claro nas subvencións en deporte, etc.
E por último, non entendemos que non sexa a propia concellería de deportes a que publique a súa opinión sobre a política deportiva municipal, e sexa o alcalde quen publique. ¿Cal é a labor do concelleiro de deportes no noso concello? ¿Non ten nada que decir a este respecto o concelleiro? ¿Con qué labor se xustifica esta concellería con un custo de máis de 20.000 euros para os carballeses cada ano?.
No hay comentarios:
Publicar un comentario