domingo, 6 de marzo de 2011

O CONCELLO NON UTILIZA OS VEHICULOS POLICIAIS

O PP DENUNCIA QUE O CONCELLO NON UTILIZA OS VEHICULOS POLICIAIS CEDIDOS POLA DXT HAI UN ANO.

Os vehículos adaptados para usos policiais permanecen gardados co resto dos vehículos inmovilizados pola policia local sen cumplir ningunha función.


Carballo, 5 de marzo 2011.- Dende hai un ano, cando o goberno municipal fixo propaganda da súa cesión, os coches especialmente adaptados para usos policiais de control e vixiancia do tráfico e a seguridade vial, non realizan ningunha das funcións para as que están especialmente adaptados.

Despois de coñecer as dificultades que tiveron os coches da policia local para superar as correspondentes inspeccións da ITV, polo seu deficiente estado de mantemento, agora descúbrese que o material cedido pola DXT non se utiliza pola desidia e incompetencia do goberno municipal.

A infrautilización dos recursos humanos e os medios materiais é unha das razóns que explica a situación de deterioro da seguridade no concello de Carballo,e o malestar dos membros da policia local cos séus responables políticos.

O goberno municipal, eludindo a súa responsabilidade, enganou os carballeses cando afirmaron que os vehículos estaban sendo prestados a outros concellos para que os utilizaran. A realidade e que non están en funcionamento e permanecen agochados nunha nave municipal .

Dende o PP de Carballo, reclámanse as oportunas explicacións e responsabildades por esta situación totalmente inxustificable , cando é mais que evidente que a posta en funcionamento de este tipo de medios de control mellorarían a seguridade vial e o control nas vías públicas do noso concello.

No hay comentarios: