domingo, 20 de enero de 2008

O porto de Razo, víctima da falta de ideas do goberno


O 13 de decembro o PP de Carballo emite esta nota de prensa, logo dunha nova visita propagandística ó porto de Razo:

O goberno non ten ideas nin proxecto propio

O PP CRITICA A PROCESION DE VISITAS DE ALTOS CARGOS O PORTO DE RAZO QUE NON SE CONCRETAN EN INVESTIMENTOS DE IMPORTANCIA

Despois de gastar máis de 30.000 € nun proxecto de porto deportivo, agora o alcalde non o defende diante dos organismos competentes

Carballo, 13 de Decembro de 2007.- Outra volta mais, como mostra da politica de propaganda permanente de este goberno, vimos coma unha visita do Presidente de Portos de Galicia, non se concreta en ningún investimento para o porto de Razo e unicamente ven a falar das obras que prometera o seu predecesor no cargo e que das obras importantes , no futuro xa se verá.

Despois de gastar mais de 30.000 € dos recursos do Concello de Carballo nun proxecto de construcción de un porto deportivo , agora ninsiquer o defenden ante os reponsabeis do organismo competente. En ese caso, ¿para qué se fixo? Por que se malgastaron os cartos de todos en algo que non se defende? ¿Si non tiñan intención de facelo, para qué malgastaron os recursos públicos e enganaron aos carballeses?.

Este comportamento volve a confirmar o pouco respeto polo rigor e o control no gasto público que ten este goberno, que malgasta sin ningun rubor os cartos de todos, para cousas que non ten pensado realizar e nas que nin siquer se molesta en defender nin buscarlle saidas.

A realidade é que o goberno actual non ten nin unha idea clara nin un proxecto definido sobre o que quer facer co porto de razo , nin en xeral , co conxunto do desenrolo do entorno Razo-Baldaio, e simplemente se limita a deixar pasar o tempo sin aportar propostas nin solucións.

No hay comentarios: