O día 17 de Abril entran en vigor as Normas do Hábitat Galego, aprobadas por Decreto da Xunta de Galicia o pasado 17 de xaneiro. Todos os sectores implicados están manifestando a súa oposición e adiantando os efectos negativos da mesma. Co obxectivo de evitar os mesmos, o Grupo Municipal Popular presenta esta iniciativa para o seu debate no Pleno da corporación municipal de Carballo.
As Normas do Hábitat Galego que ven de aprobar o Consello da Xunta, a proposta da Consellería de Vivenda e Solo, pretenden marcar as calidades mínimas coas que se deben construír as novas vivendas.A día de hoxe, todos os sectores implicados están manifestando a súa preocupación por diferentes aspectos que se contemplan: invasión na autonomía municipal, encarecemento dos prezos das vivendas, etc..Os informes elaborados por todos os axentes implicados son contrarios ao texto aprobado pola Xunta de Galicia, de aí a preocupación que neste Grupo Parlamentario recollemos de todos e cada un deles.
Carballo é o principal entorno urbano de Bergantiños e un dos máis activos demográficamente da provincia da Coruña e de Galicia. A partires da aprobación do PXOUM no ano 2003 ten experimentado un notable incremento da actividade urbanística , mais alá do chamado Boom inmobiliario, que supón unha fonte de riqueza e desenrolo para o conxunto dos carballeses e para o Concello no seu conxunto.
desenvolvemento de polígonos urbanos en plena fase de desenrolo, o qué, máis alá da influenciatributaria para a administración municipal, suporá un freo para o crecemento daactividade empresarial, da trama urbana de Carballo i en xeral do crecemento do noso Concello.
Por todo isto, o voceiro do Partido Popular en Carballo, Alberto Sueiro, ven de presentar esta moción para o seu debate no pleno polo trámite de urxencia, co fin de derrogar o actual Decreto das Normas do hábitat Galego, para elaborar outra norma legal que naza froito do consenso entre as forzas políticas e sociais, as administracións locais, nomeadamente coa FEGAMP, e os sectores empresariais e profesionais afectados, que permita garantir unha mellor calidade de vida dos cidadáns, e non dificulte o desenvolvemento urbán e urbanístico dos concellos galegos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario