martes, 8 de abril de 2008

A presión popular obriga á Xunta a recuar no seu plan de retirar o GRUMIR


Carballo, martes, 8 de abril de 2008.- Na reunión celebrada hoxe pola FEGAMP, a Xunta acordou retrasar a reestructuración dos Grupos Municipais de Intervención Rápida (GRUMIR) ata o ano 2009.

Felicitámonos de que, grazas á presión do noso partido nos concellos afectados, se conseguise paralizar o plan da Xunta de Galicia para retirar os GRUMIR.

Tratábase dunha medida sectaria e partidista, que premiaba a concellos políticamente afíns castigando a outros, caso de Carballo, que perdería un servizo tan necesario para a protección civil.

En Carballo, foi o PP o que levou ó último Pleno este asunto, provocando o posicionamento de toda a Corporación. A raíz da moción do PP, ao goberno municipal non lle quedou máis remedio que romper o seu silencio cómplice coa decisión do goberno galego, que agora se demostra inapropiada. Agardamos que, despois do acordo plenario carballés, a postura do goberno municipal mostre ante a Xunta a firmeza que non demostrou ata agora.

Esperamos que esta prórroga sirva para que o conselleiro de Presidencia reconsidere definitivamente a súa postura, e Carballo poida seguir contando no futuro con estes profesionais formados e preparados para afrontar posibles urxencias.

No hay comentarios: