miércoles, 15 de septiembre de 2010

Evencio Ferrero, descalifica pero non desminte ó PP de Carballo

O ALCALDE DESCALIFICA O PP PERO NON DESMINTE AS NOSAS DENUNCIAS

O PP DE CARBALLO INSISTE EN QUE A MODIFICACION DO PROXECTO DA TRAVESÍA DA AVENIDA DE MALPICA , NON ESTÁ APROBADO POLA XUNTA

Carballo, 15 de setembro.- O PP de Carballo insiste na súa denuncia sobre a falta de aprobación pola Xunta de Galicia da modificación do proxecto que se está a executar na travesía da estrada de Malpica,

O proxecto orixinal aprobado pola Xunta de Galicia, non contiña, nin o carril bici nin as rotondas que se corresponden con un modificado que a Xunta non ten aprobado formalmente.

As manifestacións do Sr. José Antonio Viña Patiño, deixan en evidencia a veracidade da nosa denuncia cando afirma que o modificado “ foi enviado a Xunta” pero non pode presentar o documento de aprobación, e resulta pouco edificante que afirme ”que teñen o compromiso verbal de que as modificacións van ser aprobadas”. O goberno de Carballo por boca do máximo responsable amparase no vello “ti vai facendo”,,,,

O Alcalde de Carballo en vez de presentar os documentos que confirmen que o modificado está aprobado e asinado pola Xunta, adícase a descalificar a oposición. O carril bici e as rotondas non formaban parte do proxecto orixinal e foron incluídas a través do modificado,

O alcalde, Evencio Ferrero, ampárase no futuro desenrolo urbanístico de Carballo coa incorporación de novas rúas para xustificar a rotonda, pero non explica que cando ditas rúas se abran, terán que modificar a rotonda porque está claramente desplazada do centro da vía, xa que o goberno municipal non foi quen de xestionar os terreos necesarios para facela correctamente,

Esta falla de xestión municipal e a permanente improvisación provocan que se malgasten os recursos públicos nunha rotonda provisional, que non mellora a seguridade vial e que xenera perxuicios a algúns negocios establecidos e agravios comparativos polo distinto tratamento dado

A única realidade é, que as discrepancias dentro do goberno en este e outros asuntos, son coñecidas, e en Carballo será a repetición do acontecido no mandato pasado cando dende o BNG adicaranse a “torpedear” a acción do concelleiro de urbanismo de aquel momento, o Sr. Andrade , como despois quedou demostrado polas manifestacións do líder de Terra Galega.

No hay comentarios: