PORQUE NUNCA TIVO INTENCIÓN DE SUPRIMIR A PEAXE DA AUTOPISTA CORUÑA-CARBALLO.
Ó afirmar que non estaba no seu programa electoral
Carballo, 28 de marzo.- O comunicado do PSG-PSOE e a confirmación definitiva que o PSOE estivo a enganar durante moitos anos os veciños de Bergantiños e a Costa da Morte, o recoñecer sin ningún pudor que non tiñan ningunha intención de eliminar as peaxes da AG-55 e por eso non aparece recollido no seu programa electoral.
O comunicado, ven a insistir no engano e descalifica totalmente as posturas sobre este tema do PSG-PSOE, defendidas en multitude de ocasións en concellos, Diputación da Coruña e Parlamento de Galicia, así como no conxunto de plataformas e movilizacións sociais que se teñen producido nos pasados 15 anos, nomeadamente Marisol Soneira entre outros.
E ainda peor, o comunicado desacredita totalmente a palabra do Presidente da Xunta, Sr, Touriño, quén no acto central de campaña celebrado en Carballo en Xuño do 2005, fixo a peaxe da autopista o eixo central da sua intervención e ante todolos presentes comprometeuse a impulsar unha rebaixa gradual do peaxe ata alcanzar o coste 0.
Ou o Presidente Touriño mentia entón ou o PSOE minte agora.
Polo tanto non caben excusas. As condicións da autopista son exactamente as mesmas hoxe que naquel momento. Tampouco vale ampararse no custo da recuperación da concesión, cando a Xunta vai destiñar durante 2008, mais de 7 Millons de euros a pagar as peaxes da ponte de Rande e da autopista Santiago –Ourense (aparte do que aportará o Ministerio de Fomento).
¿Porqué sí se poden pagar os do Morrazo ou os de Ourense e os de Bergantiños non?. Dende o PP de Carballo solicitamos a igualdade de trato para todolos galegos, independientemente do seu lugar de residencia