viernes, 28 de marzo de 2008

O PSOE RECOÑECE QUE ENGANOU OS BERGANTIÑÁNS


PORQUE NUNCA TIVO INTENCIÓN DE SUPRIMIR A PEAXE DA AUTOPISTA CORUÑA-CARBALLO.

Ó afirmar que non estaba no seu programa electoral
· PSOE recurre ó insulto porque non atopan argumentos para xustificar que estiveron utilizando a demanda da gratuidade soio por recaudar votos.


Carballo, 28 de marzo.- O comunicado do PSG-PSOE e a confirmación definitiva que o PSOE estivo a enganar durante moitos anos os veciños de Bergantiños e a Costa da Morte, o recoñecer sin ningún pudor que non tiñan ningunha intención de eliminar as peaxes da AG-55 e por eso non aparece recollido no seu programa electoral.

O comunicado, ven a insistir no engano e descalifica totalmente as posturas sobre este tema do PSG-PSOE, defendidas en multitude de ocasións en concellos, Diputación da Coruña e Parlamento de Galicia, así como no conxunto de plataformas e movilizacións sociais que se teñen producido nos pasados 15 anos, nomeadamente Marisol Soneira entre outros.

E ainda peor, o comunicado desacredita totalmente a palabra do Presidente da Xunta, Sr, Touriño, quén no acto central de campaña celebrado en Carballo en Xuño do 2005, fixo a peaxe da autopista o eixo central da sua intervención e ante todolos presentes comprometeuse a impulsar unha rebaixa gradual do peaxe ata alcanzar o coste 0.

Ou o Presidente Touriño mentia entón ou o PSOE minte agora.

Polo tanto non caben excusas. As condicións da autopista son exactamente as mesmas hoxe que naquel momento. Tampouco vale ampararse no custo da recuperación da concesión, cando a Xunta vai destiñar durante 2008, mais de 7 Millons de euros a pagar as peaxes da ponte de Rande e da autopista Santiago –Ourense (aparte do que aportará o Ministerio de Fomento).

¿Porqué sí se poden pagar os do Morrazo ou os de Ourense e os de Bergantiños non?. Dende o PP de Carballo solicitamos a igualdade de trato para todolos galegos, independientemente do seu lugar de residencia

E lamentable que figuras importantes do PSG-PSOE en Carballo e no conxunto de Bergantiños e a Costa da Morte, opten agora por acatar con sumisión a decisión do seu partido renunciando a defensa das demandas que mantiveron durante mais de 10 anos, recurrindo o insulto e a descalificación coma única resposta.



No hay comentarios: