martes, 4 de marzo de 2008

O PP PIDE A CONSELLERíA DE VIVENDA UNHA SOLUCIóN PARA AS FAMILIAS DAS VIVENDAS DA RUA MIRTOS.

Tendo coñecemento do problema dende Novembro, debería ter actuado antes para evitar a situación de indefensión dos compradores das vivendas.

Sabendo a existencia deste problema, debéronse tomar medidas cautelares non celebrando o sorteo deses pisos.

A Administración ten agora a obriga de actuar na defensa dos intereses dos compradores perxudicados pola implantación da nova normativa.

Carballo, marzo de 2008.- Sendo evidente que a situación de indefensión dos compradores dos pisos da rua Mirtos de Carballo ten a súa orixe na falta de cumprimento dos promotores das obrigas que lle impón a Lei, non é menos certo que a Consellería de VIvenda da Xunta , debería ter actuado con maior celeridade , si dende Novembro é coñecedora de esta situación.

E a obriga da Administración actuar na defensa dos intereses dos administrados, si coma é o caso, un intermediario non atende correctamente as suas obrigas. Si dende hai cinco meses coñecia o problema debería ter comunicado aos afectados cal era a sua situación, para evitar o actual estado de total indefensión no que se atopan as familias que, en todo momento, estiveron actuando de boa fé.

Sabendo dende Novenbro que existían unha serie de contratos, deberon aplicar medidas cautelares nesa promoción para salvagardar os dereitos adquiridos polos adquirentes e evitar ó sorteo de esos pisos. A actuación de Vivenda, seguindo adiante co procedemento administrativo do sorteo, é a que ten orixinado o conflicto de interés entre os anteriores compradores e aquelas persoas que resultaron adxudicatarios dos pisos por sorteo.

Este problema, volve a poñer de manifesto os problemas de aplicación da actual normativa en matería de vivenda de protección que, polo excesivo intervencionismo da Xunta utilizando unha lista única de solicitantes, perxudíca notablemente os veciños de Carballo o non garantirlle prioridade no acceso a vivenda protexida no seu Concello.

No hay comentarios: