viernes, 7 de marzo de 2008

Nota das Novas Xeracións da Costa da Morte


OS XÓVENES SOMOS OS QUE MÁIS SUFRIMOS O ABANDONO DA COSTA DA MORTE


As Novas Xeracións da Costa da Morte queremos denunciar a situación
das nosas comarcas e a nosa preocupación polo futuro que, se non se
produce un cambio de rumbo, se ven para toda a xente nova.

Os partidos que agora gobernan España e Galicia fixeron campaña a base
dos mozos da nosa costa e da emigración á que tristemente moitos teñen
que recurrir para gañar a vida. Sen embargo, 4 anos despois de chegar
ó poder Zapatero e 3 anos despois de Touriño e Quintana, a situación é
peor que antes.

As infraestructuras comprometidas levan anos de retraso ou quedaron
definitivamente apartadas. A política de vivenda da Xunta é un
absoluto desastre, como acaba de quedar demostrado en casos ben
coñecidos. A política en materia acuícola, un sector estratéxico para
nós, vai contra o sentido común; recházanse proxectos aceptados por
todos e acéptanse outros en zonas habitadas. Non se ten invertido en
i+D+I nin na sociedade do coñecemento. Non está a funcionar ningún
plan de emprego e as políticas de xuventude directamente non existen.

Hai outro asunto moito máis preocupante para o futuro. A
desaceleración ecónomica que está sufrir España ante o pasotismo do
partido socialista afecta sobre todo á construcción, o sector onde
traballa máis xente nova da Costa da Morte. Incluso nas Canarias se
está parando a actividade inmobiliaria.

Ante este panorama, os xóvenes de Bergantiños, Soneira e Fisterra
pensamos que España e Galicia precisan un golpe de timón cun goberno
comprometido co Plan Galicia e con capacidade para arranxar este
desastre económico, e que o único candidato que cumple eses requisitos
é Mariano Rajoy.


Vicesecretaría da Costa da Morte das Novas Xeracións da provincia da Coruña

No hay comentarios: