A súa ausencia demostra a pouca importancia que ten Carballo para os socialistas
Que o líder dos socialistas galegos non acuda a capital de Bergantiños, demostra a sua falla de compromiso coa nosa comarca e o recoñecemento do mal balance do seu goberno en estes catro anos de bipartito.
Na pasada campaña electoral do 2005, concretamente o 8 de xuño, Touriño prometeu que elimiaría a peaxe da autopista AG-55. A falta de cumplimento das súas promesas é o que motiva a súa ausencia en Carballo.
É destacable que Touriño sexa o único candidato a Presidencia da Xunta que non viñera a presentar as súas propostas nunha das 10 poboacións máis importantes de Galicia.
A proba do recoñecemento do seu fracaso : en Camariñas volveu a prometer o mesmo que fai catro anos: Autovía da costa da morte, ampliación do porto de Brens ou o parador de Muxía. Ao candidato dos socialistas parouselle o reloxo no ano 2005.
No hay comentarios:
Publicar un comentario