jueves, 22 de abril de 2010

Retraso das obras do rego da balsa

As obras teñen case cinco meses de retraso sobre o prazo inicial

O PP denuncia o retraso e solicita do alcalde explicacións sobre a situación real do parque infantil.

Carballo, 21 Abril, 2010.- As obras de acondicionamento do xa coñecido coma “ Parque de Berlín ” que tiña que estar finalizado, despois de unha prorroga, en febreiro pasado, inda non foi entregado ao concello pola empresa adxudicataria, sen que tampouco se saiba se xa está rematado e é apto para ser utilizado.
A xestión da obra é un catalogo de despropósitos. Dende a mala selección do proxecto, adxudicado por 402.525 €, para encofrar o río entre muros de formigón, pasando pola xestión da obra que obrigou, a facer 2 modificados de obra por valor de 77.000 € ,case un 20% do proxecto orixinal, o máximo permitido pola Lei.
O prazo de remate inicial, decembro 2009, prorrogado despois ata febreiro 2010, xa está amplamente superado sen que ningún por parte do goberno municipal de ningunha explicación de cales son as razóns de esta situación manifestamente irregular.
A pesares de que a obra inda non está recibida oficialmente polo concello, nada impide acceder o seu recinto, e moitos carballeses xa están a utilizar a zona dos xogos infantís, sen que nada nin ninguén lles advirta de esa situación irregular.
O alcalde, tan acostumado a facer campañas de publicidade, ten que explicar cales son os problemas e cal é a razón de que unha obra municipal de case medio millón de euros continúe nesta situación de provisionalidade e se estea permitindo o seu uso cando inda non está entregada o concello.
O PP solicita do alcalde que, para tranquilidade de todos manifeste publicamente que ese espazo pódese utilizar sen ningún problema polos rapaces, por estar totalmente en regla ou en outro caso indique cal é a verdadeira situación na que se atopa.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Que vergoña!!! Entre o planazo E e a pífia arquitectónica, da auténtico pánico pasear ou pasar polo famoso parque. Comentaba o outro día cun amigo a aberración visual/estética/sen gusto/sen estilo/ e o despilfarro económico que se realizou, e está a realizar nunha zona que podería ser un punto de referencia en Carballo como outras que realizou o PP no seu momento. A algúns a cara tiña que caerlle ao chan, pero como a teñen tan dura como as toneladas de formigón que meteron alí... pois así nos vai.
Paciencia, dicíame o meu amigo. Eu prefiero eficiencia e boa xestión, algo inexistente neste querido Concello de Carballo.