As fotos que adxuntamos foron recollidas no día de hoxe na zona de San Cristobal en Carballo, e demostran esta falla de control, xa que as rodas e colchóns que se observan nas fotos levan neste lugar dende o pasado venres.
O actual goberno de Carballo, lonxe de xustificar os compromisos que adquiriu fai xa uns anos decindo que tiñan totalmente controlada a limpeza no Concello, e que se levaba un riguroso control sobre estos actos, cada día estamos observando como cada vez existen máis puntos coma o que enviamos.
¿Qué está a facer o Concello en estos casos? ¿Quén controla estos vertedoiros?Son preguntas que cada día se fan os carballeses, xa que observamos cada día como o goberno de Carballo se olvida do importante que é manter limpo e controlado o conxunto do territorio do Concello.
Partido Popular-Grupo Municipal de Carballo
Gabinete de Prensa
No hay comentarios:
Publicar un comentario