O CONCELLEIRO DE TRÁFICO ANUNCIA POR CUARTA VEZ EN CATRO MESES QUE VAN PINTAR OS PASOS DE PEÓNS EN CARBALLO.
· Como non teñen ningunha solución ós problemas de tráfico, convirten en noticia o traballo ordinario do departamento.
· O goberno municipal segue sen aclarar onde estarán é cando entrarán en servicio as plazas de aparcamento público que prometeron para recuperar as perdidas.
· O Sr. Alcalde, coma sempre que hai un problema, volta a estar desaparecido : non sabe / non contesta.
Carballo, 7 de maio de 2008.- Namentras en Carballo os problemas da circulación e o aparcamento , cada día son máis importantes, e o tráfico estase a convertir nun pesadelo para quén teña que transitar ou pasear polas nosas rúas en determinados días ou en horas concretas, o Concelleiro de tráfico volve a anunciar, e van catro veces, que se van pintar os pasos de peóns en mal estado, coma a gran medida do seu departamento.
O goberno mellor pagado da historia de Carballo que en cinco anos non fixo ningunha plaza da aparcamento pública nova, nin siquera traballaron para sustituir as que se perderon, e a día de hoxe aínda non se sabe onde estarán situadas nin cando entrarán en servicio as plazas de aparcamento para sustuír as perdidas. Coma sempre tarde, mal e arrastro.
Incapaz de poñer solucións para arranxar os problemas, enfrentado e desacréditado públicamente polos propios policías o seu cargo e abandoado polo alcalde que non quere que lle “salpique” o malestar dos cidadáns, o Concelleiro de tráfico emprende a fuxida cara adiante e recurre a propaganda e a “busca da foto” ainda que sexa a mesma do mes pasado.
Ante a falta de solucións recurren a facer noticia do traballo ordinario de conservación e mantenemento da señalización, que é unha obriga do concello, e que se ten feito desde sempre. Calquer día farán noticia de que chegan a traballar a súa hora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario