miércoles, 21 de mayo de 2008

O Partido Popular denuncia a mala situación do deporte de Carballo pola ineficacia da Concellería de Deportes e do Alcalde.


Dende fai un ano temos un concelleiro con adicación parcial o concello para dirixir a área de deportes e increíblemente para facer un estudio sobre as necesidades do deporte en Carballo encárgaselle a unha empresa externa con un coste de 20.000 euros.

Consideramos que tendo un concelleiro con adicación ó concello, contando co Patronato Deportivo Municipal e todolos profesionais deste organismo e coa axuda dos directivos das distintas entidades deportivas da zona deberían saber cales son as necesidades deportivas do noso Concello

O Alcalde despois de prometer impulsar o Patronato, despois de prometer crear unha fundación para o Deporte ao remate soio se lle ocurre encargar unha asistencia técnica que lle sirva de coartada para a sua falta de proxecto e o seu fracaso en esta materia durante cinco anos.

En pasados días, en unha reunión do consello rector do Patronato Deportivo Municipal, do cal forma parte o concelleiro do PP Ricardo Serrano, podemos comprobar a ineficacia na organización interna do Concello e o Patronato, pois namentras o Patronato concede subvencións as entidades deportivas do concello por un lado, e o Concello firma convenios para financiar “algunhas entidades” por outro.

A situación de provisionalidade, de falla de comunicación e incertidume entre o persoal e os profesionais é notable entre o persoal das distintas instalacións e servizos, e está a causar tensión e falta de motivación no traballo que prexudica moito o normal desenvolvemento das actividades.

En materia de infraestructuras deportivas o balance é moi negativo, cabe recordar o caso do ximnasio do polideportivo municipal, co material instalado e sin uso coñecido ou que despois de catro anos de espera, i en plena competición, o Concello acometeu a sustitución do cespede das Eiroas. As deficiencias en ditas obras son manifestas e a dia de hoxe non se está a traballar para buscar unha solución.

Do mesmo xeito hai menos de un ano que se fixo unha importante inversión de mellora no campo de As Pedreiras-Berdillo que tamen quedou con moitas deficiencias, como por exemplo o drenaxe do mesmo, que provoca que a dia de hoxe o campo volva a estar impracticable.

Cabe recordar tamen que o maior investimento en infraestructuras deportivas de este Concello durante este mandato foi construir un campo de fútbol no Concello de A Laracha.

Sen duda, unha concellería sen criterios, sen ningún plan de traballo, sen saber qué queren facer nin cara onde queren orientar a actividade deportiva do Concello que ten coma resultado un despilfarro permanente dos recursos e unha situación de absoluta paralización do deporte en Carballo .

No hay comentarios: