Esta situación é de sobra coñecida polo goberno municipal, pois, aparte de saltar á vista, xa foi denunciada polos veciños, incluso por escrito. En marzo do ano 2007, oito familias residentes na rúa San Xosé presentaron un escrito no Concello solicitando que se fixeran aceras novas nesa rúa. Desgraciadamente, non só non se fixeron, senón que esta solicitude nin sequera obtivo contestación do goberno municipal.
Como o goberno municipal non fixo nada para remediar a situación, esta empeorou. As aceras foron desfacéndose un pouco máis a medida que pasaba o tempo, ante a desidia do goberno local.
Xa que logo, é urxente que se lle dea unha solución satisfactoria a este problema; solución que pasa necesariamente pola construcción de novas beirarrúas que sexan de calidade similar ás circundantes.
Polo exposto, proponse ó Pleno a adopción do seguinte ACORDO:
O Concello de Carballo, no prazo máis breve posible, construirá novas beirarrúas na marxe dos números impares da rúa San Xosé, con calidade e estética similar ás do resto da mazán e ás da outra marxe da mesma rúa, e co ancho necesario.
Carballo, 12 de mayo de 2008.
No hay comentarios:
Publicar un comentario