jueves, 21 de febrero de 2008

As obras da estrada Buño-Malpica no Parlamento.


O Partido popular de Galicia, presentou este Mércores 20 de Febreiro, unha proposición non de lei en comisión, sobre a paralización das obras da estrada AC-414 entre Buño e Malpica, debido ás mobilizacións dos veciños.
A obra de melloras da AC-414, estaba incluída nos plans deseñados polo plan Galicia da Xunta para a Costa da morte.
Un dos conflictos da CPTOPT, cos veciños en varios puntos dos trazados, destaca a anulación do entronque da AC-414 coa estrada local que da acceso ós lugares da Ribeira, Ceán, Loroxo, A Lagoa e Algadán, e propón unha variante que case deixa sen comunicación os veciños de estos lugares, coa AC-414 Buño - Malpica.
Todas as administracións teñen coñecemento do que aquí sucede, mesmo teñen o apoio do pleno da corporación municipal de Malpica. Pero ante a nula resposta da CPTOPT, os veciños víronse na obriga de paralizar as obras.
A proposición non de lei di o seguinte:

O parlamento de Galicia insta á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes a adoptar as medidas oportunas tendentes a mellorar o trazado e a accesibilidade da vía AC-414, adoptando as solucións precisas, de xeito que non desapareza a actual estrada local que une esta vía cos lugares de Ceán, A Lagoa ,Albadán, Loroxo e Ardeleiro, e permitindo, non sólo a comunicación entre eles, senón tamén a incorporación á nova AC-414 en ese punto.

No hay comentarios: