domingo, 24 de febrero de 2008

O BNG DE CARBALLO IMPIDE QUE O PP UTILICE OS ESPACIOS PÚBLICOS QUE LLE CORRESPONDEN PARA A SUA PUBLICIDADE ELECTORAL.

Nunha actitude antidemocrática e de abuso de poder
Non cumpliu a resolución da xunta electoral de zona que lle obrigaba a retirar durante a campaña electoral a propaganda das farolas, por non ter dererito a ocupalas.
O BNG esta obrigado a deixar os espacios publicos para que sexan ocupados polo resto das forzas politicas, tal e como ordea a Lei electoral.
A empresa encargada de colocar a publicidade do PP non poido facelo porque o BNG non deixou libres os espacios que está a ocupar ilegalmente.
Carballo, 21 de Febreiro 2008.- O BNG de Carballo voltou a mostrar a sua verdadeira faciana co seu comportamento antidemocrático e de desprecio a Lei, o non atender a resolución da Xunta electoral de zona e impedir que o resto das forzas políticas poideran utilizar os espacios públicos que lle corresponden.
Con un desprecio absoluto do mais elemental comportamento democrático, invaden todo o espacio destinado a publicidade electoral co ánimo de que ningún outro poida mostrar a sua opción os veciños de Carballo.
O máximo responsable municipal, lonxe de actuar como alcalde de todolos carballeses, impón a todos , pola forza , as suas preferencias e imcumple a Lei para beneficiar o seu partido. Si xa foi criticabel o comportamento antes da campaña eletoral, permitindo que o BNG utilice para o seu beneficio o mobiliario urbano de todolos carballeses, o actual comportamento e ilegal, e pon as claras o escaso respecto pola legalidade que ten o Sr. Ferrero.
Os veciños de Carballo xa poden comprobar o uso dos recursos públicos que fai o BNG, con campañas supermillonarias, e con actitudes de claro abuso de poder, facendo un uso totalmente pardista do recursos públicos de todos e tomando o concello coma a sua finca privada onde poden facer o que lles pete.

No hay comentarios: