jueves, 7 de febrero de 2008

Uso e abuso de bens comúns

















Facendo un uso abusivo e partidista dos bens municipais
O PP DE CARBALLO ACUSA O EVENCIO FERRERO DE CONTRIBUIR A CAMPAÑA ELECTORAL DO BNG PRESTANDOLLE GRATUITAMENTE O MOBILIARIO URBANO DO CONCELLO.


  • O BNG, coa autorización do alcalde, apropiase das farolas do centro de Carballo para a sua propaganda política, o que supon unha utilización claramente impropia dos bens públicos.
  • ¿Permitirá o alcalde que a partires de agora, calquer empresa ou organización utilice os espacios públicos para facer a súa publicidade?.
  • O actual alcalde utiliza os bens dos carballeses como si foran propiedade súa ou do BNG.
  • Que será o seguinte ¿ Unha pancarta do BNG ocupando a fachada do Concello?
Carballo 6 de febreiro de 2008.- A Aparición no dia de hoxe da maioria das farolas do centro de Carballo ocupadas pola publicidade politica do BNG supón, o xuicio do PP de Carballo, unha utilización partidista e sectaria dos bens públicos dos carballeses.
O Alcade de Carballo, colabora co seu partido proporcionando gratuitamente o BNG os espacios públicos de Carballo e financiando de este xeito a forza politica que representa coa agravante de que él mesmo é candidato nas proximas eleccións.
O Alcalde de Carballo utiliza os bens do patrimonio público coma se fosen da sua propiedade e ponos a disposición da súa forza politica sen ningún tipo de reparos, uitilizando a Plaza do Concello e o xardin municipal coma se fosen o seu solar, a sabendas que existe unha ordenanza municipal sobre publicidade que o BNG non cumple e que, a maiores, os bens públicos non poden ser utilizados por organizacións ou empresas para os seus fins particulares.
Outra volta mais, o alcalde volve a poñer os intereses do BNG por riba dos lexítimos dos veciños de Carballo, axundándo a sua forza politica a aforrar os custos dos espacios publicitarios instalados a eses efectos e facendo que todolos carballeses financiemos a propaganda politica do BNG.

No hay comentarios: