jueves, 21 de febrero de 2008

A Xunta Electoral obriga ó BNG a retirar a súa publicidade electoral antes das 00:00 horas do venres


Carballo, xoves, 21 de febreiro de 2008.- Como está á vista de todos, o BNG, coa connivencia do alcalde carballés, apropiouse do mobiliario urbano de Carballo para colocar a súa propaganda antes do inicio da campaña electoral, nun uso abusivo e partidista dos bens de todos. Pretendían así privar ós demáis partidos políticos, pola vía de feito, dos dereitos que nos otorga a Lei Electoral. Pode comprobarse, por exemplo, que a propaganda do BNG ocupa a día de hoxe tódalas farolas da rúa Colón, ademáis doutras rúas de Carballo.

A Ley Orgánica del Régimen Electoral General (LOREG) dispón que os partidos con maior número de votos nas últimas eleccións xerais (neste caso, o PP) teñen preferencia para elexir a ubicación dos carteis, pancartas e bandeirolas. O que fixo o BNG foi adiantarse e ocupar as mellores ubicacións, sen permiso da Xunta Electoral, pretendendo así privar ó partido mái votado do dereito preferente que nos otorga a Lei.

Por este motivo, o Partido Popular presentou denuncia ante a Xunta Electoral de Zona, que hoxe adoptou unha resolución na que nos da a razón. A Xunta Electoral dalle de prazo ó BNG ata as 00:00 horas do día 22 de febreiro de 2008 (hora de comenzo da campaña electoral) para retirar todo cartel, banderola ou pancarta que poidera ter colocada nos lugares públicos destinados para a ubicación de publicidade electoral.

Por outra parte, na mesma resolución, a Xunta establece a distribución de espacios habilitados para colocación de publicidade, recoñecendo o dereito preferente do Partido Popular. Así, por exemplo, na rúa Colón ó PP correspóndenlle 3 farolas e 1 ao BNG; en Bértoa, 6 farolas ó PP e 2 ó BNG; etc.

Agardamos que, xa que o BNG non mostrou ata agora respeto pola lei electoral neste aspecto, acate e cumpla a resolución da Xunta Electoral e retire a publicidade dentro do plazo máximo permitido.

No hay comentarios: